Real Valladolid: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 39:
Na tempada [[Segunda división española 2006/07|2006–07]] o Real Valladolid superou a marca de máis partidos na liga de Segunda División sen perder (29) e máis partidos gañados (26). Con isto datos, o Real Valladolid ascendeu matematicamente na xornada 34 á Primeira División (con 74 puntos), faltando oito xornadas por disputarse ata o final de liga. Finalmente proclamouse campión de Liga asinando un rexistro de 88 puntos, novo récord histórico de Segunda, que arrebatou ao [[Deportivo Alavés]], equipo que o ostentaba desde a campaña [[Segunda división española 1997/98|1997–98]] con 82 puntos. Avantaxou en 25 puntos ao 4º clasificado, [[Club de Fútbol Ciudad de Murcia|Ciudad de Murcia]] (63 puntos) equipo que marca o ascenso a Primeira División.
 
Na tempada seguinte consegue a permanencia en [[Primeira División Española|Primeira]]. No partido Valladolid-Espanyol, o [[20 de xaneiro]] de [[2008]], [[Joseba Llorente Etxarri|Joseba Llorente]], marcou aos 7,08" o gol máis rápido da historia da Liga e foi, coas asistencias de Víctor, o artífice dunha vitoria ante o [[Espanyol]] (2–1). Na tempada [[Primeira división española 2008/09|2008–09]] acariciou os postos europeos, pero unha mala segunda volta fixo que tivera que xogarse a permanencia na última xornada no [[Estadio Manuel Ruiz de Lopera]] contra o [[Real Betis Balompié|Betis]], logrando un empate que fixo descender aos sevillanos.
 
Na tempada [[Primeira división española 2009/10|2009–10]] estivo a maioría das xornadas nas últimas posicións e dous cambios de adestrador non evitaron o seu descenso a [[Segunda División Española|Segunda]] como 18º clasificado. Na seguinte tempada disputa o playoff de ascenso pero cae eliminado na semifinal contra o [[Elche CF|Elche]]. Na tempada [[Segunda división española 2011/12|2011-12]], o club aposta por [[Miroslav Đukić]] como adestrador e o equipo loita por conseguir o ascenso directo ata a última xornada pero acaba na terceira posición. No playoff supera a [[Córdoba CF|Córdoba]] e [[AD Alcorcón|Alcorcón]] e volta a [[Primeira División Española|Primeira División]].
 
 
=== Traxectoria ===