Epicureísmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 13:
 
==Filosofía epicúrea==
[[Ficheiro:Epicurus_Louvre.jpg|miniatura|rightdereita|Busto de Epicuro de Samos]]
Epicuro de Samos propuña a realización dunha vida boa e feliz mediante a administración intelixente de praceres e dores, a [[ataraxia]] e os vínculos de amizade entre os seus correlixionarios. Este pracer non debía de limitarse só ao corpo, como preconizaba o [[hedonismo]] cirenaico, senón que debía de ser tamén intelectual, dado que o home era un todo. Ademais, para Epicuro a presenza do pracer ou felicidade era un sinónimo da ausencia de dor, ou de calquera tipo de aflición: a fame, a tensión sexual, o aburrimento, etc. Era un equilibrio perfecto entre a mente e mailo corpo que proporcionaba serenidade, que eles denominaban ataraxia. O pracer puro era o ben supremo, a dor o mal supremo. Os praceres e sufrimentos eran consecuencia da realización ou impedimento dos apetitos.