Eneas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Guérin Énée racontant à Didon les malheurs de la ville de Troie Louvre 5184.jpg|250 px|miniatura|rightdereita|Eneas fálalle a Dido da caída de [[Troia]], [[Pierre-Narcisse Guérin]].]]'''Eneas''' foi un [[heroe]] descendente da raza de [[Dárdano]], fillo do [[príncipe]] [[Anquises]] e [[Afrodita]]. Figura importante da [[literatura grega]] e da [[romana]], na Ilíada, xunto cos fillos de Antenor, dirixente do continxente dárdano que axuda os troianos na súa defensa dos aqueos; é o mellor guerreiro despois de Héitor, e, sobre todo, é un favorito dos deuses, que o salvan en situacións de perigo. Na súa salvación por Poseidón predise que Eneas e os seus descendentes dominarán un día sobre os troianos.
 
Eneas foi criado por uns pastores na montaña ata que, cumpridos os cinco anos, o seu pai [[Anquises]] o levou á cidade a casa do seu cuñado [[Alcátoo]] para que este o educase. Co tempo converteuse no máis valoroso dos heroes troianos, despois de [[Héitor]]. Nos combates que tiveron lugar durante a [[Guerra de Troia]], viuse auxiliado e favorecido en varias ocasións por algúns deuses, segundo conta a narración de [[Homero]], que remata de relata-las súas fazañas cando dá fin a devandita guerra. Aventuras e sucesos posteriores son creación do poeta romano [[Virxilio]] (poeta oficial de [[Augusto]]) no seu poema [[A Eneida]].