División celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Three cell growth types.png|miniatura|300px|rightdereita|Os tres tipos principais de división celular.]]
 
A '''división celular''' é o proceso por medio do cal unha célula orixina dúas ou máis células fillas. A división celular nos seres pluricelulares é necesaria durante a embrioxénese, e para substituír as células que morren nos tecidos, e o ritmo de división varía moito dun tecido a outro<ref>{{cite book | last = Maton | first = Anthea | authorlink = | coautores = Hopkins, Jean Johnson, Susan LaHart, David, Quon Warner, David, Wright, Jill D | título = Cells: Building Blocks of Life | publisher = Prentice Hall | date = 1997 | location = New Jersey | páxinas = 70–74 | url = | doi = | id = | isbn = 0-13423476-6 }}</ref>. Un ser humano ao longo da súa vida realiza uns 10.000 billóns de divisións celulares no seu corpo <ref>{{Cite journal
Liña 30:
A forma de división máis común orixina dúas células fillas iguais, polo que se di que é unha bipartición ou división binaria. Pero existen variacións que afectan xeralmente ao modo de división do citoplasma ([[citocinese]]) ou ao modo de duplicación e repartición dos cromosomas (amitose). Danse, principalmente, en seres unicelulares, onde a reprodución celular equivale á reprodución do organismo. Salientaremos os seguintes tipos:
*'''Pluripartición ou división múltiple'''. A [[pluripartición]] dáse en células que dividen moitas veces o seu núcleo sen dividir inicialmente o seu citoplasma, polo que se orixinan células plurinucleadas. Máis tarde prodúcese a división citoplasmática ou [[citocinese]], que orixina varias células fillas, cada unha co seu núcleo. É típica dalgúns protozoos.
[[Ficheiro:S_cerevisiae_under_DIC_microscopy.jpg|miniatura|rightdereita|Xemación no lévedo ''Saccharomyces''.
]]
*'''Xemación'''. Na [[xemación]] a célula filla orixínase a partir dun pequeno avultamento ou xema na superficie da célula nai á que se dirixe o núcleo, que se divide e se separa da célula nai por unha membrana que rodea o núcleo e o citoplasma da xema, á vez que a célula filla crece. É típico de lévedos como ''Saccharomyces'', nos cales as células fillas quedan pegadas á célula nai durante un tempo, e poden formar cadeas se o proceso se repite ([[micelio]]s de xemación). Cando a célula se desprende deixa unha marca ou cicatriz de xemación na célula nai, na cal se poden observar decenas de marcas.