Declaración de Arbroath: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1:
[[Ficheiro:DeclaracionArbroath.JPG|rightdereita|miniatura|350px|Representación actual do acto de sinatura da Declaración de Arbroath, celebrada en [[Stirling]].]]
A '''Declaración de Arbroath''' foi unha declaración de [[independencia]] do [[Reino de Escocia]], asinada o [[6 de abril]] de [[1320]] en [[Arbroath]] por 51 señores feudais. A declaración consistiu nunha carta enviada ao papa [[Xoán XXII, papa|Xoán XXII]], onde lle solitaban ao pontífice que recoñecese a [[soberanía]] de [[Roberto I de Escocia]] sobre o territorio escocés. A Declaración, que aínda se conserva hoxe, é unha das tres misivas que debeu recibir o papa, canda unha do [[Igrexa Católica Romana|clero]] e outra do propio monarca escocés.
 
Liña 6:
 
== O documento ==
[[Ficheiro:Robert the Bruce.jpg|rightdereita|miniatura|Estatua de [[Roberto I de Escocia]].]]
A Declaración de Arbroath foi escrita en [[lingua latina|latín]] da man, crese, do [[bispo]] [[Alexander Kininmund]] e do [[abade]] [[Bernard de Linton]], da [[abadía de Arbroath]], que era o [[chanceler de Escocia]] no tempo. Na data da declaración, o [[6 de abril]] de [[1320]], non se produciu ningunha xuntanza de nobres para debateren os contidos. O seu contido fora xa decidido nunha asemblea previa, na [[abadía de Newbattle]], no mes de marzo. Os selos dos oito [[duque]]s e dos outros 41 nobres escoceses fóronselle engadindo ao documento nas seguintes semanas, ou mesmo meses. Posteriormente, con todos os seus selos, a declaración enviouse á corte do papa, en [[Avignon]].
 
Liña 14:
 
== Interpretación ==
[[Ficheiro:National Archives of Scotland.jpg|miniatura|rightdereita|Arquivo Nacional de Escocia.]]
A Declaración contén algúns aspectos historicamente importantes. Por exemplo, fai referencia a Escocia como un reino que sempre foi independente (máis incluso cá propia [[Inglaterra]]), menciona os "inxustos" ataques do rei inglés e as súas atrocidades, recoñece a Roberto I como o líder na defensa de Escocia, e particularmente, que a independencia de Escocia é un dereito dos escoceses, máis ca un dereito do rei de Escocia, é dicir, outórgalle á nobreza a capacidade de rexeitar o rei e nomear outro se este actúa contra a soberanía de Escocia.
 
Liña 20:
 
== Influencia ==
[[Ficheiro:Declaration of arbroath.jpg|miniatura|rightdereita|Reprodución da Declaración de Arbroath (1320).]]
A retórica da Declaración de Arbroath foi ben coñecida, tanto en Escocia como fóra, e hai quen asegura que puido inspirar o texto da [[Declaración de Independencia dos Estados Unidos]]<ref>
{{Cita Web
Liña 36:
 
== Notas ==
[[Ficheiro:Arbroath_Abbey2.jpg|miniatura|rightdereita|Abadía de Arbroath]]
{{Listaref}}