Crise económica de 2008-2013: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 34:
 
=== Hipotecas subprime ===
[[Ficheiro:Subprime Mortgage Offer.jpeg|220px|miniatura|rightdereita|Foto dun establecemento dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] onde se ofrecen [[Crédito subprime|créditos subprime]]]]
As [[hipoteca de alto risco|hipotecas subprime]] dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] foron o instrumento financeiro que actuaron de espoleta. Esta é unha hipoteca dada aos clientes con baixa solvencia económica e que, en consecuencia, teñen un risco maior de non efectuar o pagamento que os clientes "normais". A cualificación de ''subprime'' aplícase cando se concede a persoas cun historial de crédito problemático ou que non achegan toda a documentación necesaria (por exemplo, sobre as fontes de ingresos). Tamén se considera que a hipoteca é ''subprime'' se o importe representa máis do 85% do prezo da vivenda financiada ou se o pagamento mensual supera o 55% da renda dispoñíbel. Ao seren hipotecas máis arriscadas, os clientes deben pagar unha porcentaxe sobre a taxa de referencia entre o 2% e o 3% superior ao dunha hipoteca estándar.
 
Liña 44:
 
=== Burbulla inmobiliaria ===
[[Ficheiro:Graph-house-prices-1975-2006.gif|miniatura|330px|rightdereita|A burbulla inmobiliaria en [[Gran Bretaña]]: prezos dos inmobles, axustados á inflación, desde [[1975]] até [[2006]]]]
O aumento nos prezos da vivenda nos anos anteriores á eclosión da crise foi espectacular, de maneira que se formou unha enorme [[burbulla especulativa]] dos activos inmobiliarios, principalmente nos Estados Unidos. Foi tan grande o aumento do valor da vivenda que as familias colleron o costume de aumentaren o valor das hipotecas para financiar gastos correntes, tales como comprar coches novos e ir de vacacións. A garantía era o valor da súa casa, que cada vez tiñan un maior valor.