Consorcio da Zona Franca de Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Zona Franca Bouzas.jpg|miniatura|rightdereita|500px|Vista da Zona Franca e sede central do Consorcio na ría de Vigo.]]
 
O '''Consorcio da Zona Franca de Vigo''' é unha institución pública creada en [[1947]] para potenciar o comercio internacional e o desenvolvemento económico desde o sur de Galicia. Na súa área loxística de [[Bouzas, Vigo|Bouzas]], situada no [[porto de Vigo]], xestiona unha [[zona franca]] con todas as súas vantaxes para a importación e a exportación.
Liña 23:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Historia CZFV Citroën.tif|miniatura|rightdereita|300px|Primeiros coches que saíron dende a Zona Franca de Vigo da marca Citroën Hispania.]]
Unha grande parte do desenvolvemento de Vigo debeuse á actividade da súa Zona Franca. O Consorcio foi o promotor do Polígono de Balaídos, onde a finais da década dos 50 se instalou a factoría de [[Citroën]] Hispania (actual [[Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën]]), ao redor da cal se desenvolveu en Vigo un importante sector da automoción, do Parque Tecnolóxico de Valadares e das principais actuacións de solo industrial na área de influencia da cidade, ben como da grande operación de recuperación urbana Abrir Vigo ao Mar. O Consorcio é a institución que conseguiu pór en marcha o Museo do Mar de Galicia para posteriormente devolvelo, completamente terminado, ao Goberno Galego. En máis de medio século de existencia, foi tendo un papel cada vez máis destacado non só nos engrenaxes económicos da cidade, senón tamén nas infraestruturas, no urbanismo e no apoio a todo o proceso empresarial, desde os emprendedores ata a industria madura.
 
=== Orixes ===
[[Ficheiro:Almacen 1 historia CZV.tif|miniatura|leftesquerda|300px|Primeiro almacén do Consorcio no Porto de Vigo.]]
En 1947, cando o BOE publicou o decreto polo que o goberno concedía ao porto de Vigo a terceira zona franca de España (as outras dúas eran as de [[Barcelona]] e [[Cádiz]]), a noticia foi celebrada con grande entusiasmo polas autoridades e organizacións empresariais locais, que intuíron que esta vantaxe diferencial fronte a outras cidades impulsaría o crecemento económico de Vigo.
 
Liña 48:
 
=== Axencia de desenvolvemento económico ===
[[Ficheiro:Monolito PTL CZFV.jpg|miniatura|150px|rightdereita|Entrada ó Parque Tecnolóxico de Vigo.]]
 
A partir de 1989, as actividades estritamente comerciais da Zona Franca comezaron a desprazarse cara ao novo enclave portuario de Bouzas, onde o Consorcio obtivera da Autoridade Portuaria a concesión dunha superficie de 144.352 metros cadrados a cambio de comprometerse a realizar as infraestruturas necesarias para terminar o espazo gañado ao mar. Ao longo da década seguinte serían ocupadas todas as instalacións e, chegado o ano 2000, houbo que ampliar a superficie ata os 200.000 metros cadrados actuais onde as mercancías dispoñen de almacenaxe cuberta e descuberta con despacho de alfándega propio. A Bouzas trasladáronse tamén as oficinas centrais do Consorcio.
Liña 59:
 
A seguinte actuación foi o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, que albergou iniciativas tan interesantes como TexVigo, unha cooperativa de microempresas téxtiles que comparten o seu I+D e os seus procesos de comercialización. Hoxe as sesenta empresas instaladas, entre as que se atopan a multinacional xaponesa Denso e a alemá Benteler, proporcionan aproximadamente tres mil cincocentos empregos.
[[Ficheiro:Naves Industriales Bioclimaticas Porto do Molle.jpg|miniatura|leftesquerda|300px|Naves bioclimáticas no parque empresarial Porto do Molle.]]
 
No municipio de [[Nigrán]], o parque empresarial de Porto do Molle, cunha superficie de máis dun millón de metros cadrados, está desenvolvendo máis se cabe o concepto de solo para as empresas. Porto do Molle concibiuse como unha cidade do traballo onde unha persoa poderá traballar, practicar deporte, realizar as súas compras, pasear ou levar os seus fillos ao colexio.
Liña 70:
Para potenciar o crecemento económico da cidade, o Consorcio creou a Rede de Parques Zona Franca mediante a que se proporciona a todas as empresas que traballan baixo o paraugas do Consorcio infraestruturas, formación, información e capital. Este conxunto de servizos proporciónase a través de distintas sociedades que colaboran coas empresas viguesas.
 
[[Ficheiro:CIE A Granxa.tif|miniatura|rightdereita|250px|Centro de Iniciativas Empresariais no Polígono A Granxa.]]
 
O Centro de Iniciativas Empresariais (CIE), é unha incubadora de empresas e un animador de novos proxectos. Emprazado no polígono da Granxa, o CIE conta cunha estrutura física onde os emprendedores dispoñen durante un tempo limitado de todas as facilidades para o establecemento de novas empresas, tanto en espazo de oficinas como de naves. O CIE coopera cos emprendedores analizando o seu plan de empresa, asesorando na procura de mercados, ofrecendo cursos de formación continua e axudando na procura de axudas oficiais. Debido ao éxito de supervivencia entre as empresas que nacen no CIE, que é dun 90 por cento, actualmente estase construíndo outro CIE no parque empresarial de Porto do Molle.