Clara Zetkin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Zetkin luxemburg1910.jpg|miniatura|200px|rightdereita|Clara Zetkin (esquerda) e Rosa Luxemburg, en 1910.]]
'''Clara Zetkin''', nada como '''Clara Eißner''' en Wiederau, [[Saxonia]] o [[5 de xullo]] de [[1857]] e finada en Arkhangelskoie, preto de [[Moscova]], o [[20 de xuño]] de [[1933]], foi unha profesora, xornalista e política marxista alemá, figura histórica do feminismo. Até 1917, militou no [[Partido Socialdemócrata de Alemaña]] (SPD), despois uníuse ó [[Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña]] (USPD) na súa á esquerda, a [[Liga Espartaquista]], que se tornaría posteriormente [[Partido Comunista de Alemaña]] (KPD), ó que representaría no [[Reichstag]] durante a [[República de Weimar]] de 1920 a 1933.
 
Liña 16:
Durante a [[I Guerra Mundial]], Zetkin, canda a [[Karl Liebknecht]], [[Rosa Luxemburg]] e outros destacados políticos do SPD rexeitaron a política do partido denominada ''[[Burgfrieden]]'', que consistía no apoio ó goberno alemán deixando de lado a laboura de oposición, incluíndo a non realización de folgas. Con outras activistas antibelicistas, Zetkin organizou unha conferencia internacional de mulleres socialistas contrarias á guerra en [[Berlín]] en [[1915]].
 
[[Ficheiro:Zetkin Kollontaj Comintern.jpg|miniatura|200px|rightdereita|[[Alexandra Kollontai]] (dereita da imaxe) seguida por Clara Zetkin, no II Congreso da Internacional Comunista, en 1921.]]
En 1916 Zetkin foi unha das cofundadoras da [[Liga Espartaquista]] e do [[Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña]] (USPD) que se escindiu do SPD en protesta pola súa posición a prol da guerra. En xaneiro de 1919, despois da [[Revolución alemá|Revolución alemá de novembro de 1918]], a Liga Espartaquista abandonou o seo do USPD para, canda outros grupos, forma-lo [[Partido Comunista de Alemaña]] (KPD); Zetkin representou o partido de 1920 a 1933 no ''[[Reichstag]]''. En 1920 entrevistou a [[Vladimir Lenin]] sobre a "cuestión feminina"<ref>[http://www.marxists.org/portugues/zetkin/1920/mes/lenin.htm Lênin e o Movimento Feminino], Arquivo Marxista en Internet {{pt}}.</ref>.