Catedral de Valencia: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|) |
||
Liña 15:
== Evolución construtiva ==
[[Ficheiro:Valenciacatedralplanol.jpg|miniatura|200px|
Aínda que o percorrido polo interior da catedral é moi rico e lévanos duns estilos a outros case sen solución de continuidade, trátase basicamente dun edificio de planta gótica de tres naves con [[Cruceiro (arquitectura)|cruceiro]] cuberto con [[ciborio]], [[xirola]] e [[ábsida]] poligonal.
Liña 31:
Os séculos do [[renacemento]] (XV-XVI) influíron pouco na xa consolidada arquitectura pero moito na decoración pictórica, como a do altar maior, e escultórica, como a da capela da Resurrección. Da etapa [[barroco|barroca]] destaca que en [[1703]] o alemán Konrad Rudolf proxectou e iniciou a porta principal da catedral, coñecida como ''dos Ferros'' pola reixa que a rodea. Por mor da [[Guerra de Sucesión Española|Guerra de Sucesión]] non a puido acabar, e foron principalmente os escultores Francesc Vergara e Ignasi Vergara os que o fixeron. Ao ser a súa planta curva, o paramento cóncavo que orixina creaba un singular e estudado efecto de perspectiva, desvirtuado durante o [[século XX]] a causa da derriba dos edificios adxacentes (antiga rúa de Zaragoza) para ampliar a praza da Raíña.
[[Ficheiro:Mapa_seu.jpg|miniatura|200 px|
Dende o último terzo do [[século XVIII]] púxose en marcha un proxecto de renovación do edificio, cuxa intención era dotalo dun aspecto neoclásico homoxéneo, escapando do estilo gótico que entón era considerado obra de bárbaros. A obra comezou o 1774 e correu a cargo do arquitecto Antoni Gilabert Fornés. A remodelación afectou tanto a elementos construtivos como ornamentais: os [[pináculo]]s exteriores do templo foron eliminados, as azoteas ocultas por tellados, e a estrutura gótica enmascarada por estucos, dourados e outros elementos ''pseudo''clásicos.
Liña 44:
== Elementos senlleiros da catedral ==
[[Ficheiro:Catedral_Valencia_elements.jpg|miniatura|
Entre os elementos senlleiros hai que destacar, polo que respecta no exterior do templo:
|