Canón do Sil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 20:
==Un espazo natural único==
[[Ficheiro:Canón do Sil.jpg|300px|miniatura|esquerda|Canón do Sil.]]
A particular orografía deste espazo natural de máis de 16.000 has. resulta do forte desnivel entre as augas do Sil nos [[Os Peares|Peares]] (109m.) e a altura máxima da [[Pena do Xastre]] (1.014m.). En canto a súa [[xeoloxía]], o Canón do Sil ten unha orixe meramente tectónica e non fluvial. No [[Era cuaternaria|cuaternario]], ó comezar o basculamento da peniplanicie, producíronse fracturas que quebraron o terreo en bloques xigantescos, formando así a canle polo que flúe o río Sil.
 
A estas características hai que engadirlle a transformación da paisaxe levada a cabo pola man do home mediante o cultivo da vide en socalcos e a construción de grandes [[encoro]]s como o de Santo Estevo ou San Pedro. Desta maneira, o mosaico natural e paisaxístico que resulta desta serie de singulares características é único e irrepetible en toda Galiza.