Casco de Leiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, A Coruña.jpg|miniatura|300px|rightdereita|O casco de Leiro, no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón.]]
O '''casco de Leiro''' é un casco ou unha cunca de [[ouro]], probablemente da [[Idade do Bronce]] Final, atopado de xeito fortuíto por José Vicente Somoza, dentro dunha vasilla de barro, durante unhas obras de construción dun alboio na parroquia de [[Leiro, Rianxo|Leiro]], no concello de [[Rianxo]]. Na actualidade consérvase no [[Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón]], na [[A Coruña|Coruña]].