Canón do Sil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 13:
 
As ladeiras da marxe dereita énchense orientadas ó mediodía, polo que están en boa parte aproveitadas para o cultivo da [[vide]] en [[socalco]]s. Os bosques climáticos están maioritariamente compostos de [[onfalode]]s (''Omphalodes nitida''), [[érbedo]]s (''Arbutus unedo''), uces brancas (''Erica arborea''), e [[piorno]]s (''Genista falcata'' e ''G. florida polygaliphylla''). Abundan tamén árbores tipicamente ripícolas e propias deste clima como os [[bidueiro]] (''Betula pubescens''), os castiñeiros (''Castanea sativa'') e as [[abeleira]]s (''Coryllus avellana'').
[[Ficheiro:Viñedossil.JPG|rightdereita|300px|miniatura|Viñedos da ribeira sacra, dende o interior do canón do Sil]]
As especies piscícolas das augas do Sil son predominantemente tres: a [[troita]] (''Salmo trutta fario''), o [[escalo]] (''Chondostroma polylepsis'') e o [[picón]] (''Gasterosteus aculeatus''). Existe tamén en canto á fauna unha amplísima variedade de [[réptil]]es e [[anfibio]]s, destacando a [[ra]] patilonga (''Rana iberica''), a [[píntega]] (''Salamandra salamandra''), a [[cobra]] de colar (''Natrix natrix'') e a [[lagarta]] brava (''Psammodronus algirus''). O número e a variedade de aves é aínda máis interesante, sobresaíndo algunhas coma o [[corvo mariño grande]] (''Phalacrocorax carbo''), ou numerosas aves de rapina como a [[aguia caudal]] (''Hieraetus pennatus''), a [[aguia cobreira]] (''Circaetus gallicus''), o [[miñato abelleiro]] (''Pernis apivorus'') ou o [[falcón peregrino]] (''Falco peregrinus''). Así mesmo, atópanse na zona tódalas variedades de [[papuxa]] (''Sylvia'') existentes na [[Galiza]].
 
Liña 25:
 
==Un número case ilimitado de rutas naturais==
[[Ficheiro:Galicia.Canon Sil.jpg|300px|miniatura|rightdereita|Vista dende o mirador Balcons de Madrid o canón do Sil]]
O número de posibles itinerarios é enormemente amplo, se non case ilimitado. Dende Os Peares recoméndase percorre-la marxe esquerda do Sil, desviándose para toma-lo chamado Camiño da Barca, que leva por medio de densos bosques de [[castiñeiro]]s cara o [[mosteiro de Santo Estevo Ribas de Sil]]. Unha vez alí, é un momento ideal para encontrar os seus [[muíño]]s e baixar dende o mosteiro ata a marxe do Sil onde estaba o antigo embarcadoiro que o comunicaba con outros mosteiros da ''''Rivoyra Sacrata''''. Outra posibilidade é ir de [[Santo Estevo]] a [[Paradela]], volvendo por [[Cerdeiriñas]], polo camiño coñecido como "carreiro da amargura".