Teia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MystBot (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
Teia era un oficial que serviu baixo o mando de [[Tótila]] e foi elixido o seu sucesor cando este foi derrotado na [[batalla de Tagina]] (tamén coñecida como [[batalla de Busta Gallorum]].)
 
No seu camiño cara ao sur de Italia, conseguiu o apoio de prominentes figuras no exército de Tótila - como Scipuar, Gundulf (Indulf), Gibal e Ragnaris - para facer o seu último ataque contra o xeneral [[Imperio Bizantino|bizantino]] [[Narsés, Xeneral bizantino|Narsés]] na [[batalla de Mons Lactarius]], ao sur de [[Nápoles]], en outubro do [[553]]. O exército ostrogodo volveu ser derrotado. Teia foi morto, o seu irmán Alixerno rendeuse, Scipuar e Gibal probabelmente caeron. Gundulf e Ragnaris escaparon do campo; este último foi mortalmente ferido logo dunha tentativa de asasinato por axentes de Narsés.
 
Con esta derrota terminou a resistencia organizada dos ostrogodos. Aínda que o último nobre ostrogodo, Widhin, se rebelou ao norte de Italia no ano [[550]] e foi capturado no [[561]] ou [[562]], os ostrogodos desapareceron na escuridade.