Baía de Guantánamo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 17:
== Detención de prisioneiros ==
No último cuarto do século XX, a base foi empregada como centro de reclusión para refuxiados cubanos e [[Haití|haitianos]] interceptados en alta mar. Porén, comezando en [[2002]], unha pequena porción da base foi empregada para acoller dentro dos campos X-Ray (Raios X), Delta e Echo (Eco), a prisioneiros sospeitosos de nexos con [[Al Qaida|Al-Qaeda]] e o exército [[talibán]] que foron capturados en [[Afganistán]]. A publicidade máis recente divulgou a transferencia de prisioneiros o [[22 de setembro]] de [[2004]], cando 10 prisioneiros foron traídos dende [[Afganistán]]. Finalmente, foron encarcerados na base sen ningún cargo.
[[Ficheiro:Guantanamo Bay map.png|miniatura|rightdereita|400px|Baía de Guantánamo.]]
O status legal tan peculiar da Baía de Guantánamo foi un factor para elixila como centro de detención. Debido a que a soberanía da Baía de Guantánamo reside con [[Cuba]], o goberno estadounidense argumentou que a xente detida en Guantánamo se atopaba legalmente fóra do seu país e non tiñan os dereitos [[constitución|constitucionais]] que terían se estivesen detidos nel. Durante [[2004]], a corte suprema rexeitou este argumento no caso ''Rasul contra Bush'' coa decisión maioritaria, e estableceuse que os prisioneiros en Guantánamo teñan acceso a cortes estadounidenses, citando o feito de que Estados Unidos ten o control exclusivo sobre a Baía de Guantánamo.