Diferenzas entre revisións de «Aquiles»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
m (Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|))
[[Ficheiro:Akhilleus Charun Cdm Paris 2783.jpg|miniatura|rightdereita|Aquiles dando morte a un troiano.]]
 
'''Aquiles''' (en [[grego antigo]] Ἀχιλλεύς / ''Akhilleús'') é un [[culto heroico grego|heroe]] lendario da [[guerra de Troia]], fillo de [[Peleo]] (rei de [[Ptía]] en [[Tesalia]]) e de [[Tetis]], unha das [[Nereidas]], ([[ninfa (mitoloxía)|ninfa]] mariña). Os textos refírense a el frecuentemente co nome de «[[Pelida]]» ou «[[Eácida]]», [[epíteto]]s que remontan aos seus devanceiros [[Peleo]] e [[Éaco]].
Aquiles aprende de [[Fénix]], o fillo de Amíntor, a arte da elocuencia e o manexo das armas. Recibe leccións de medicina do [[centauro]] [[Quirón]], quen o alimenta con entrañas de animais para lle conferir a súa forza, e con mel pola dozura.
 
[[Ficheiro:Achilles by Lycomedes Louvre Ma2120.jpg|miniatura|rightdereita|180px|Aquiles onda [[Licomedes]].]]
 
Ante as advertencias de súa nai, quen lle dá a escoller entre unha vida curta e brillante e unha vida longa pero escura, responde que prefire a primeira. Aos nove anos, o adiviño [[Calcas]] predí que a súa fermosura e o seu coraxe, así como a protección de [[Hera]] e de [[Atenea]], o fan indispensábel aos Gregos para obteren a vitoria. A súa nai, temendo pola súa vida, disfrázao de muller e escóndeo entre as fillas de [[Licomedes]], rei de [[Esciros]], a fin de subtraelo á presión dos guerreiros. Nesta ocasión leva o nome de ‘’Pyrrha’’, «a roxa». Dunha filla de Licomedes, [[Deidamia]], coa que ha casar máis tarde, ten un fillo, [[Neoptólemo]], tamén alcuñado Pirro, e que participa igualmente na [[guerra de Troia]].
 
===En Troia===
[[Ficheiro:The Rage of Achilles by Giovanni Battista Tiepolo.jpeg|miniatura|rightdereita|250px|''A Cólera de Aquiles'', por [[Giovanni Battista Tiepolo|Tiepolo]] ([[1757]]) <br />[[Atenea]] detén a Aquiles, a piques de matar a [[Agamenón]].]]
 
Cando chegou a [[Troia]], unha vez os Troianos parapetados tras das súas murallas, Aquiles dedícase a cortar o aprovisionamento da cidade. Á fronte das súas naves, ataca e reduce así once cidades de [[Asia Menor]], tributarias de Troia. É nunha desas cidades, no décimo ano de sitio, cando recibe como botín a [[Briseida]], mentres que [[Agamenón]] recibe a [[Criseida]] tras o saqueo de [[Tebas, Grecia|Tebas]].
103.099

edicións