Anticodón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1:
[[Ficheiro:TRNA-Phe yeast en.svg|miniatura|rightdereita|Estrutura secundaria dun ARNt co anticodón en vermello.]]
 
O '''anticodón''' é unha secuencia de tres nucleótidos ou triplete que se encontra no extremo do brazo anticodón dos [[ARNt]], e que exerce un importante papel na síntese de [[proteína]]s nos [[ribosoma]]s. A información utilizada directamente para a síntese de proteínas encóntrase nos [[codón]]s do [[ARNm]]. A sucesión de codóns do ARNm determina a secuencia de [[aminoácido]]s da proteína, xa que conforme o ARNm vai pasando polo ribosoma é descodificado. O encargado de traer os aminoácidos ao ribosoma é o ARNt, e o anticodón é fundamental para que se introduza en cada momento o aminoácido correcto que se debe enlazar na cadea proteica en crecemento. Durante a [[tradución (proteínas)|tradución de proteínas]] o anticodón únese ao codón.
 
==Emparellamento codón-anticodón e tambaleo==
[[Ficheiro:Wobble.svg|miniatura|rightdereita|255px|Posibles emparellamentos de bases da inosina e a guanina, que se apartan dos emparellamentos estándar e orixinan o tambaleo]]
 
Como norma xeral, o [[codón]] e o anticodón son complementarios en bases seguindo a complementariedade estándar de Watson e Crick (A-U, G-C), pero hai excepcións debido ao denominado tambaleo no emparellamento de bases <ref>{{cite journal|autor=Crick F|título=Codon&ndash;anticodon pairing: the wobble hypothesis|journal=J Mol Biol|volume=19|issue=2|pages=548–55|ano=1966|url=http://profiles.nlm.nih.gov/SC/B/C/B/S/_/scbcbs.pdf |pmid=5969078|doi=10.1016/S0022-2836(66)80022-0}}</ref> .