Ana Bolena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Infancia e familia: Condado de Norfolk, Inglaterra
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Anne boleyn.jpg|miniatura|250px|rightdereita|Ana Bolena, raíña consorte de Inglaterra, esposa de [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] e nai de [[Isabel I de Inglaterra|Isabel I]].]]
'''Ana Bolena''' (en [[lingua inglesa|inglés]]: Anne Boleyn), raíña consorte de [[Inglaterra]], 1ª marquesa de Pembroke. A súa data de nacemento adoitaba fixarse en 1507, pero os historiadores máis modernos dátana en [[1501]] (- [[19 de maio]] de [[1536]])<ref>Ver os traballos de Eric Ives para o argumento do ano 1500/1501 e R.M. Warnicke para 1507.</ref>. Ana foi a segunda esposa do rei [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] e a nai da raíña [[Isabel I de Inglaterra|Isabel I]]. O matrimonio de Henrique e Ana, e a súa subsecuente execución, eran parte do complexo comezo da considerable axitación política e relixiosa que foi a [[Reforma en Inglaterra|Reforma inglesa]], con Ana participando activamente na promoción da causa da reforma da Igrexa. Chamárona "a raíña consorte máis influente e importante que Inglaterra tivo nunca".<ref> Ives, p. xv.</ref>
 
Liña 15:
Ana era filla de sir Tomás Bolena, máis tarde primeiro conde de Wiltshire e primeiro conde de Ormonde, e a súa esposa, lady Isabel Bolena (nada Isabel Howard), filla do segundo duque de Norfolk. Non se sabe con seguridade onde naceu, pero se establece que foi entre a mansión da súa familia, ''Blickling Hall'' en [[Condado de Norfolk, Inglaterra|Norfolk]], e súa residencia favorita, o castelo de Hever en [[Kent]].
 
[[Ficheiro:Queen Anne Boleyn 2.jpg|miniatura|rightdereita|180px|Un retrato idealizado de Ana Bolena, pintado no século posterior á súa morte (de aí o estilo de vestir anacrónico), atribuído a Marcus Gheeraerts o Mozo.]]
Existían rumores de que Ana sufría [[polidactilia]] (seis dedos na súa man esquerda, por entón considerado un signo do [[diaño]]) e unha marca de nacemento ou [[lunar]] no seu pescozo que sempre escondía cunha xoia. Aínda que esta lenda sexa popular, non hai probas contemporáneas que o apoien. Ningún dos moitos relatos de testemuñas oculares sobre o aspecto de Ana Bolena —algúns deles meticulosamente detallados— menciona ningunha deformidade, e moito menos un sexto dedo. Ademais, cando as deformidades físicas eran xeralmente interpretadas como un signo do [[Mal (filosofía)|mal]], é difícil crer que Ana Bolena chamase a atención romántica de Henrique, se ela realmente tivese algunha deformidade.<ref> Warnicke, pp. 58–9; Lindsey, pp. 47–8.</ref>
 
Liña 29:
 
=== Aparencia e personalidade ===
[[Ficheiro:Anneboleyn2.jpg|miniatura|rightdereita|180px|Un retrato de Ana Bolena pintado algúns anos logo da súa morte. O seu biógrafo máis recente considérao moi preto de "a verdadeira Ana Bolena".<ref> Ives, p. 43.</ref>]]
Ana Bolena non era convencionalmente fermosa para o seu tempo. Era delgada e a súa pel foi considerada por algúns como demasiado escura. Con todo, moitos observadores estiveron impresionados polos seus ollos escuros e o seu pelo longo e moreno, que ela levaba solto sobre as súas costas. Un [[Italia|italiano]] que coñeceu a Ana en 1532 escribiu que ela "non era unha das mulleres mais ben parecidas do mundo", pero outros pensaban que era "''competent belle''" ("absolutamente fermosa") "e nova e aposta". Un historiador reuniu todas as descricións e conclúe así:
 
Liña 65:
En [[1529]], parecía coma se o papa [[Clemente VII, papa|Clemente VII]] non estivese preto de conceder a Henrique a nulidade que el solicitara en 1527. Parte do problema era que o emperador [[Carlos I de España|Carlos V]], sobriño de Catarina de Aragón, fixera prisioneiro a Clemente. Henrique viu que Clemente con pouca probabilidade daríalle así unha nulidade da tía do emperador. Ademais, a Igrexa, enredada na [[Reforma Protestante|Reforma]], malamente podería permitirse afrontar contradicirse a si mesma cunha nulidade dun matrimonio que orixinariamente garantía unha dispensa sen dar aos seus inimigos máis razóns para ridiculizar a súa autoridade. Como a tensión política montada no estranxeiro, a corte caeu nunha confusión interna, desde entón a lealdade do cardeal Wolsey aos Bolena foi posta en dúbida.
 
[[Ficheiro:Wolsey.jpg|miniatura|rightdereita|O cardeal Wolsey]]
Convencida de que era un traidor, Ana Bolena mantivo a presión ata que Wolsey foi despedido da oficina pública en 1529. Logo do seu despedimento, o cardeal pediulle que lle axudase a volver ao poder, pero ela negouse. Entón el comezou un complot secreto para forzar a Ana ao exilio e iniciou contactos coa raíña Catarina e o Papa, para ese efecto. Cando este complot foi descuberto, Henrique ordenou a detención de Wolsey e de non ser pola súa morte por mor dunha enfermidade terminal en 1530, podería ser executado por [[traizón]]. Un ano máis tarde, a raíña Catarina foi desterrada da corte e os seus antigos apousentos entregados a Ana.
 
Liña 100:
Circularon rumores de que Catarina fora envelenada (culpaban tanto a Ana como a Henrique); os rumores xurdiron tras descrubrir durante o seu embalsamamento que o seu corazón estaba ennegrecido. Os expertos médicos modernos están de acordo en que a escuridade do corazón de Catarina non era debido ao envelenamento, senón debido ao cancro de corazón, algo que non se coñecía por entón.<ref> Fraser, ''The Wives of Henry VIII''.</ref> Tras a morte de Catarina, Ana intentou mellorar as súas relacións coa filla de Catarina, María, pero foi rexeitada de novo.
 
[[Ficheiro:Cromwell,Thomas(1EEssex)01.jpg|miniatura|rightdereita|180px|Thomas Cromwell: o antigo aliado de Ana que máis tarde preparou o complot que causou a súa morte.]]
 
Durante o día do enterro de Catarina, o [[29 de xaneiro]] de [[1536]], Ana sufriu un aborto espontáneo. Para a maior parte de observadores, esta perda persoal foi o principio do fin do matrimonio real. O que pasou despois é un dos períodos máis polémicos da historia inglesa, dado que é tanto unha traxedia persoal como un indicativo das tendencias políticas máis extensas que gobernaron a [[Casa de Tudor]] nese período.