Áiax o Grande: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
insiro modelo
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Áiax}}
[[Ficheiro:Ajax body Achilles Louvre F201.jpg|thumbminiatura|Áiax levando o cadáver de [[Aquiles]], protexido por [[Hermes]] e [[Atenea]]. Ánfora ática de figuras negras, c. 520-510 adC]]
 
'''Áiax I''' (en [[grego antigo]] Αἴας ''Aías'', ‘da [[terra]]’) fillo de [[Telamón]] (Τελαμώνιος ''Telamốnios''), rei de [[illa de Salamina|Salamina]], é un lendario [[heroe]] da [[mitoloxía grega]]. Para distinguilo de [[Áiax o Menor|Áiax, fillo de Oileo]], era coñecido como '''Áiax o Grande''', '''Gran Áiax''' ou '''Telamonio Áiax'''. Valeroso guerreiro, o máis forte despois do seu curmán [[Aquiles]], embarcouse á mítica [[Guerra de Troia]] ó mando de doce navíos salamitos, acompañado do seu irmán [[Teucro]]. Fillos seus foron [[Eurísaces]] e [[Fileo]], o primeiro ancestro da familia [[Atenas|ateniense]] dos [[Filaidas]].
Liña 11:
 
Cando [[Patroclo]] morreu a mans de Héitor, os troianos intentaron facerse co seu corpo e alimentar con el ós cans, pero Áiax loitou contra eles protexendo o cadáver e devolvéndoo ó campamento grego e a Aquiles.
[[Ficheiro:Ajax suicide.jpg|thumbminiatura|Áiax preparando o seu suicidio]]
Algo máis tarde na historia, cando Aquiles morre tras ser alcanzado por unha frecha de [[Paris]], Áiax e Odiseo pelexan por recuperar o corpo do heroe grego e soterralo xunto ó do seu amigo Patroclo. Tralo funeral ámbolos dous heroes gregos reclaman a armadura de Aquiles como recompensa polos seus esforzos. Tras unha disputa de enxeño ou tal vez porque Agamenón aborrecía a casta de [[Éaco]], Odiseo recibiu a armadura e Áiax furioso caeu ó chan exhausto. Ó erguerse, faino tolo de furia e no seu delirio confunde un rabaño de ovellas cos líderes aqueos, Odiseo e Agamenón, matando a tódolos animais. Ó espertar da súa loucura vese rodeado de sangue e decide quitarse a vida antes que vivir na vergoña e a deshonra. Para facelo utiliza a espada de Héitor, que este lle concedera como un regalo de honra tralo seu primeiro duelo (''[[A Odisea]]'', xi. 541).