Ácido fosfoenolpirúvico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Na glicólise: adenosín trifosfato
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Phosphoenolpyruvic acid.svg|thumbminiatura|right|Estrutura química do ácido fosfoenolpirúvico.]]
[[Ficheiro:pep miguelferig.jpg|thumbminiatura|right|Fórmula do fosfoenolpiruvato.]]
O '''ácido fosfoenolpirúvico''', que a [[pH]] celular está ionizado en forma de '''fosfoenolpiruvato''' (PEP), é un importante ácido orgánico de tres carbonos fosfatado. A molécula presenta un grupo carboxilo ou -COOH (ionizado no fosfoenolpiruvato como -COO<sup>-</sup>), un dobre enlace entre os seus dous últimos carbonos e un fosfato esterificado no [[grupo OH]] do carbono central. O enlace deste fosfato fai do fosfoenolpiruvato unha [[fosfato de alta enerxía|molécula moi enerxética]] nos organismos vivos (-61.9 kJ/mol), que intervén na [[glicólise]] e [[gliconeoxénese]]. Nas plantas, está implicado na biosíntese de varios compostos [[aromático]]s, e na [[fixación do carbono]] en certo tipo de [[fotosíntese]]s. Nas bacterias é usado como fonte de enerxía para o [[sistema fosfotransferase]].
 
==Na glicólise==
[[Ficheiro:glycolysis pep pyr miguelferig.jpg|thumbminiatura|right|Transformación de fosfoenolpiruvato en piruvato na glicólise.]]
Na [[glicólise]] o fosfoenolpiruvato fórmase pola acción do [[encima]] [[enolase]] sobre o [[2-fosfoglicerato]]. Na seguinte reacción da ruta o fosfoenolpiruvato orixina [[piruvato]] pola acción da [[piruvato quinase]] (PK). Esta reacción é moi importante na glicólise porque nela se xera unha molécula de [[adenosín trifosfato|ATP]] por medio dunha [[fosforilación a nivel de substrato]], molécula na que a célula almacena enerxía.