Xosé de Nazaret: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 13:
 
==Orixes==
[[Ficheiro: Morte de San Xosé.jpg|thumbminiatura|300px|Morte de San Xosé de Picón na igrexa de San Francisco de Santiago de Compostela]]
O [[Evanxeo de Mateo]] di que era fillo de Xacobe ou Iago, entrementres o [[Evanxeo de Lucas]] denomina ao seu pai Elí. Ámbolos dous evanxelistas dan a entender a extracción humilde de Xosé pero o presentan como membro dunha familia descendente de Davide co fin de anticipar o carácter mesiánico de Xesús <ref> Brown, R.E. ''The Birth of the Messiah. A Commentary on the Infancy Narratives in the Gospels of Mathew and Luke'' (Nova Iorque, 1993)</ref>. Carácter que se reafirma coa procedencia de [[Belén]], a vila do mesmo Rei dos xudeus. Nos primeiros anos do Cristianismo, [[Paulo de Tarso]] reflicte nunha das súas cartas unha fórmula primitiva dun primeiro [[Credo]]: Xesús "naceu da estirpe de Davide por liña carnal" (Rom. 1, 3-3)
 
Liña 22:
 
==Oficio==
[[Ficheiro:Outono 2010 150.jpg|thumbminiatura|250px|esquerda|Obradoiro de San Xosé na igrexa de Santo Agostiño en Santiago de Compostela]]
O seu oficio era de ''tekton'', palabra grega que designa a un artesán humilde que facía portas, traballaba na construción de casas, reparaba sellas de montar.., e que un dos primeiros autores cristiáns e [[Pais da Igrexa]], [[Xustino Mártir]], identifica co oficio de carpinteiro. O propio Xustino asegura que nos seus días aínda existían aguilladas e arados construídos por Xosé e Xesús<ref>''Dialogus cum Tryphone Juadeos''</ref>.
 
Liña 33:
 
Ao pouco de nacer, Xosé coa súa muller, como xudeus piadosos, presentan ao seu fillo no [[Templo de Xerusalén]], ficando Xosé abraiado do que alí lle proclama un servidor do Templo (Lucas 2:33).
[[Ficheiro: A fuxida a Exipto.jpg|thumbminiatura|250px|dereita|A fuxida a Exipto na igrexa de San Paio de Antealtares en Santiago de Compostela]]
Por medo a unha anunciada persecución de [[Herodes]], Xosé colle a súa familia e foxe axiña e apuradamente (de noite) a [[Exipto]] onde vive coma un refuxiado e fuxitivo. Segundo o Evanxeo de Mateo, perpétrase en Belén a "matanza dos inocentes", que buscaba acabar coa vida do seu fillo (Mt. 2, 13-18).
 
Liña 42:
==A paternidade e descendencia de Xosé==
As igrexas cristiáns, en consonancia coa crenza na virxindade de María, adoitan entender que Xosé non era o pai biolóxico de Xesús. O [[Evanxeo de Marcos]] fala de que os veciños de Xesús denominan a este pexorativamente "o carpinteiro fillo de María". Algúns esexetas apuntan a que esta maneira de identificar a un galileo pola filiación materna é un indicativo de que se cuestionaba a paternidade, o que pode ser un reflexo dun rexoubeo local acerca da ilexitimidade de Xesús (Stauffer, Lüdemann, Schaberg...)<ref>Ludemann G. ''Virgin Birth? The Real Story of Mary and her son Jesus'' Londres, 1998</ref><ref>Schaberg, J, The Illigitimacy of Jesus: A Feminist Theological Interpretation of the Infancy Narratives, San Francisco, 1987</ref>. Algo que continúa no século II cando autores como [[Celso]] utilizan este feito para desacreditar a seita dos cristiáns. O ''Toldot Ieshu'', un relato popular xudeu, tamén sosterá ilexitimidade de Xesús. O Evanxeo de Mateo coloca na xenealoxía de Xosé e, por extensión, de Xesús, a catro mulleres lembradas polas súas relacións sexuais irregulares: Tamar que seduciu a Xudá, Raxab a prostituta, [[Rut]] que seduciu a Boaz e [[Betsabé]], seducida por Davide (Mt.1,3,5,6) Pola súa banda, no [[Evanxeo de Xoán]] fálase de Xesús como o fillo de Xosé, porén, como un xeito de desacreditar a súa posición, os seus rivais dialécticos lle replican que eles non son "fillos da prostitución" (a expresión en grego é ''porneia'') (Xn. 8,41).
[[Ficheiro:San Xosé de Gambino.jpg|thumbminiatura|250px|dereita|San Xosé de [[Gambino]] na igrexa da Nosa Señora dos Remedios en Santiago de Compostela]]
Xosé tiña outros catro fillos: Santiago, ([[Santiago o Xusto]]), Xosé, Simón e Xudas, e polo menos dúas fillas, aos que os evanxeos denominan ''adelfós'' (Mt. 13,55 e Mc. 6,3), palabra grega que designa aos irmáns carnais <ref> Meier J. P.:''Un judío marginal. Nueva visión del Jesús histórico. Tomo I: las raíces del problema y de la persona'' Edv.ISBN:978-84-8169</ref>. Os nomes dos seus fillos semellan indicar unha férrea piedade nidiamente xudía impermeable ao proceso de helenización que irradiaría da cidade próxima de [[Séforis]]<ref>Horsley R. A. ''Archeology, History and Society in Galilee: the social context of Jesus and the rabbis'' (Trinity, 1996)</ref> (nos propios evanxeos aparecen galileos con nomes gregos como [[André Apóstolo]] e [[Filipe Apóstolo]]). Téñase en conta que Galilea era un reduto insurreccional fronte a Roma e que os galileos eran "nacionalistas e amantes da liberdade" fronte calquera invasión <ref> Geza Vermes, ''Jesús el Judío'', Muchnik editores, 1997, pax.51-53, ISBN:87-7669-309-5</ref>
{{Cita|''Moi probablemente, xa que logo, o feito de que a familia inmediata de Xesús levase nomes "patriarcais" e "matriarcais" denota a participación da mesma nese espertar da identidade nacional e relixiosa xudía, unha identidade que ollaba ao idílico pasado dos patriarcas en busca de definición''.| [[Jonh P. Meier]].<ref> Meier J. P. ''opus cit'', pax. 221</ref>}}