Diferenzas entre revisións de «Xogos Olímpicos de 1904»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m (→‎Curiosidades: St. Louis, Missouri)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
 
* Nesta edición, o [[Boxeo]], a [[Loita Libre]] e o [[Décatlon]] estreáronse nos [[Xogos Olímpicos]].
[[Ficheiro:Marathon Hicks1904.jpg|thumbminiatura|right|150px|Hicks axudado polo equipo durante o maratón]]
* Na proba do [[maratón (atletismo)|maratón]], o norteamericano ''Fred Lorz'' foi desclasificadodespois de cruzar en primeiro lugar a liña de chegada, cando se descubriu que había percorrido máis de dezaoito quilómetros da proba no vehículo dun amigo. A medalla de [[ouro]] foi entregada entón a outro americano, ''Thomas Hicks'', que durante a proba foi varias veces reanimado para proseguir a base de ovos crús, [[coñac]] e [[estricnina]], polo seu técnico e polo equipo de apoio. ''Hicks'' cruzou a liña de chegada bébedo e delirando. Nunca máis correu outro [[maratón (atletismo)|maratón]].
 
* Talvez o máis pitoresco de todos os participantes destes Xogos fora o cubano ''Felix Carvajal'', un carteiro d'[[A Habana]]. ''Felix'', un home moreno de 1,50 de altura e grandes bigotes, despois dunha verdadeira odisea para ir de [[Cuba]] até [[St. Louis, Missouri|St. Louis]], apareceu na saída da proba vestindo boina, camisa e calzando un [[coturno]].
[[Ficheiro:Carvajal1904.jpg|thumbminiatura|right|150px|Felix Carvajal no [[maratón (atletismo)|maratón]] de [[St. Louis, Missouri|Saint Louis]]]]
Os organizadores obviamente tentaron impedir a súa participación, mais atletas americanos, simpatizando e apiedados do pequeno [[cubano]], axudáronlle a transformar a súa vestimenta en algo parecido a un equipamento deportivo. ''Carvajal'' chegou en cuarto lugar na proba e talvez puidese até ter gañado unha [[medalla]] se non se detivera ocasionalmente durante o transcurso para conversar con xentes, rapiñar pexegos ou invadir un pomar de mazás na procura de alimentos, o que lle causou un grande [[cólico]] estomacal á fin da proba pois as froitas estaban verdes. ''Felix'' transformouse no pequeno heroe e [[mascota]] dos seus adversarios, que se cotizaron para lle pagar a pasaxe de volta a [[Habana]] e lle deron de regalo unha placa de [[prata]], coa inscrición: ''”A Felix, o IV, o máis glorioso vencido da historia dos Xogos”''.
 
103.099

edicións