Diferenzas entre revisións de «Xoana I de Castela»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m (left -> esquerda)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
 
=== Arquiduquesa de Austria ===
[[Ficheiro:Juanna_Filips_Klein.jpg|thumbminiatura|esquerda|300px|[[Filipe o Fermoso]] e Xoana I de Castela]]
Como era costume na Europa da época, Isabel e Fernando negociaron os matrimonios de todos os seus fillos co fin de aseguraren os seus obxectivos diplomáticos e estratéxicos. Conscientes das boas aptitudes de Xoana, e contando coa necesidade de reforzar os lazos co [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], que rexía [[Maximiliano I de Austria]], e a rivalidade cos cada vez máis hexemónicos monarcas franceses da dinastía da [[Casa de Valois]], os [[Reis Católicos]] ofreceron a Xoana ao fillo de Maximiliano, ''[[Filipe I de Castela|Filipe de Habsburgo]]'', [[arquiduque de Austria]], [[duque de Borgoña]], [[duque de Brabante|Brabante]], [[duque de Limburg|Limburg]] e [[duque de Luxemburgo|Luxemburgo]], conde de [[Flandres]], de [[Habsburgo]], de [[Hainaut]], de [[Holanda (rexión)|Holanda]], de [[Celandia - Zeeland|Celandia]], do [[Tirol]] e de [[Artois]], señor de [[Antuerpen]] e [[Malines]], etc. A cambio deste enlace, os [[Reis Católicos]] pediron a man da filla de Maximiliano, [[Margarida de Austria]], como esposa para o príncipe [[Xoán de Aragón]]. Xoana de Castela xa fora considerada como posíbel prometida polo herdeiro francés dos Valois, e aínda en [[1489]] foi solicitada en matrimonio polo rei [[Escocia]], [[Xaime IV de Escocia|Xaime IV]], da [[Casa de Estuardo|dinastía Estuardo]].
 
 
=== Raíña da Coroa de Castela ===
[[Ficheiro:Escudo Juana-Carlos I.jpg|thumbminiatura|150px|[[Escudo (moeda)|Escudo]] de [[Xoana I de Castela|Xoana I]] e [[Carlos I de España|Carlos I]], 1504-1555.]]
En [[1497]] foi nomeada [[Príncipe de Asturias|princesa de Asturias]], pola morte do seu irmán o infante Xoán de Aragón, pasando por diante da súa irmá máis vella [[Isabel de Aragón e de Castela|Isabel de Aragón]], a cal polo seu casamento co [[rei]] [[Manuel I de Portugal]] facía temer aos [[Reis Católicos]] a posíbel unión dos seus reinos baixo dominio portugués. Tras a morte de [[Isabel de Aragón e de Castela|Isabel de Aragón]] no [[1498]], así como do fillo desta, o infante [[Miguel da Paz]], en [[1500]], Xoana converteuse en herdeira plena da Coroa de Castela.
 
 
=== Morte de Filipe o Fermoso ===
[[Ficheiro:Juana la Loca de Pradilla.jpg|thumbminiatura|right|300px|''Dona Xoana a Tola'' (1877), de [[Francisco Pradilla y Ortiz]]. [[Museo do Prado]] ([[Madrid]])]]
O [[25 de setembro]] de [[1507]] morreu Filipe o Fermoso, en medio de rumores de envelenamento, e aínda acrecentaron tamén rumores sobre o estado de tolemia de Xoana. Desde [[Burgos]], onde faleceu Filipe, trasladaron o seu cadáver a [[Granada, España|Granada]] para sepultalo alí, viaxando sempre de noite, coa raíña Xoana sen separarse en ningún momento do cadaleito. Desde esa altura Xoana non quixo mudar a roupa, nin lavarse. O seu pai decidiu recluíla en [[Tordesillas]], no mes de xaneiro do ano [[1509]], iniciando o rei aragonés a [[rexencia]] de Castela ata o ano [[1516]].
 
103.099

edicións