Xinkgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 15:
 
Algúns xinkgos vellos producen raíces aéreas, que se forman na cara inferior de polas grandes e medran cara a abaixo. O crecemento destas raíces é moi lento e pode durar centos de anos. A función destas raíces aéreas non é ben coñecida.
[[Ficheiro:Ginkgo Tree Ginkgo biloba Trunk Bark 2000px.jpg|right|thumbminiatura|Casca do tronco]]
 
As follas do xinkgo, que semellan formar acios na punta de poliñas curtas, son únicas entre as plantas con sementes. Teñen forma de abano con veas que irradian, bifurcándose ás veces, pero nunca formando unha rede.<ref name="More on Morphology">[http://www.ucmp.berkeley.edu/seedplants/ginkgoales/ginkgomm.html Ginkgoales: More on Morphology.]</ref> Dúas veas saen da base da folla en vanse gallando en dúas repetidamente. As follas miden entre 5 e 10 cm., chegando ás veces ós 15 e son caducas.
[[Ficheiro:Ginkgo biloba SZ136.png|esquerda|thumbminiatura|Follas de xinkgo.]]
=== Reprodución ===
Os xinkgos son árbores dioicos, de sexos separados: hai exemplares masculinos e femininos. As plantas masculinas producen pequenas piñas con [[esporófilo]]s, cada un deles con dous [[esporanxio|microsporanxios]] aliñados en espiral ó redor dun eixo central. As plantas femininas non producen conos: fórmanse dous óvulos no extremo de cada talo. Un dos óvulos ou os dous desenrólanse en sementes despois da polinización. A semente mide de centímetro e medio a dous cm. de longo, e ten a parte exterior carnosa, semellante a unha froita e de cor castaño amarelado claro. Malia o seu aspecto atractivo contén ácido butanoico e ten un cheiro desagradable. Coma no caso doutras plantas coma os [[brión (botánica)|brións]], as [[alga]]s e os [[fieito]]s a fertilización faise por medio de espermas móbiles, de entre 250 e 300 micrometros de lonxitude.<ref>[http://www.biologie.uni-hamburg.de/b-online/fo47/ginkgo/ogura.htm History of Discovery of Spermatozoids In Ginkgo biloba and Cycas revoluta.]</ref> Estas cápsulas espermáticas teñen unha estrutura de capas múltiples.
[[Ficheiro:Ginkgo biloba Inflorescences.jpg|thumbminiatura|Conos masculinos.]]
 
== Etimoloxía ==
O antigo nome chinés da planta ''yínguo'' ('froito de prata') 银果. Os nomes máis usuais na actualidade son ''bái guǒ'' (白果) (froito branco) e ''yínxìng'' (銀杏) ([[albaricoque]] de prata).
[[Ficheiro:Gingko biloba3.jpg|thumbminiatura|Xinkgo, sementes maduras e follas no outono.]]
O nome científico parece ter a súa orixe nunha lectura incorrecta dos caracteres xaponeses 銀杏, que teñen dúas lecturas posibles ''ichō'' e ''ginkyō''. [[Engelbert Kaempfer]], o primeiro occidental que viu a especie en [[1690]], tería anotado esta segunda pronunciación (inexacta) no seu ''Amoenitates Exoticae'' ([[1712]]); o ''y'' foi mal interpretado coma ''g'', e esta lectura foi a que finalmente quedou establecida.<ref>[http://www.flc.kyushu-u.ac.jp/~michel/serv/ek/amoenitates/ginkgo/ginkgo.html Faculty of languages and cultures, Kyushu University Japan.]</ref>