Xardíns colgantes da Babilonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Hanging Gardens of Babylon.jpg|right|thumbminiatura|430px|Os xardíns colgantes da [[Babilonia]], imaxinados por [[Martin Heemskerck]].]]
Os '''Xardíns colgantes da Babilonia''' (tamén coñecidos como os '''Xardíns colgantes de [[Semíramis]]''') constitúen unha das [[sete marabillas do mundo]] antigo. É tal vez unha das marabillas relatadas sobre a cal menos se sabe. Moito se especula sobre as suas posíbeis formas e dimensións, mais ningunha descrición detallada ou vestixio arqueolóxico foron encontrados.
 
Liña 7:
Pero cando a cidade entrou en decadencia e guerras, foi incendiada. Arderon tamén os xardíns, e para cando [[Alexandre Magno]] chegou a [[Babilonia]], só quedaban cinzas da fermosa cidade. Hoxe en día, só quedan os restos e ruinas nas beiras do Éufrates.
 
[[Ficheiro:Ogrody semiramidy.jpg|esquerda|thumbminiatura|300px]]
Nabucodonosor foi rei da Babilonia (c. 630 a.C.- 562 a.C.), e durante o seu goberno a Babilonia atinxe o auxe da súa prosperidade e hexemonía, sendo coñecida como "Raíña da Asia". [[Nebuchadrezar II]], fillo do xeneral Nabopolasar, fundador da dinastía caldea, sobe ao trono en 605 a.C., despois da morte do pai. Transforma a cidade babilónica en centro cultural e financeiro do mundo antigo. A maior realización do seu reinado é un conxunto arquitectónico para protexer a cidade de invasións. Comprende a [[Torre de Babel]], con 250 m de altura, os Xardíns colgantes e un canal de defensa ligando os ríos [[Río Tigris|Tigris]] e [[Río Éufrates|Éufrates]], a 40 km da Babilonia, cercado por un muro en toda a súa extensión (o [[Muro dos Medas]]). Líder militar de grande enerxía e crueldade, aniquilou os [[fenicio]]s, derrotou os [[exipcio]]s e obtivo a hexemonía no [[Oriente Medio]]. Estende o [[Imperio Babilónico]] até o [[Mar Mediterráneo]]. En 598 a.C., conquista [[Xerusalén]] e realiza a primeira deportación de [[xudeu]]s para a [[Mesopotamia]], episodio coñecido como "O Cativeiro da Babilonia". Coa súa morte e sen un sucesor coa mesma forza, os babilonios caen diante dos exércitos persas, na noite de 5/6 de outubro de 539 a.C. polo [[Rei Ciro da Persia]], que desviou o curso do río Éufrates para poder penetrar na cidade. Nesa noite, unha festa estaba sendo dada en honra de Belsazar, Rei de Babilonia en exercicio. Esta caída de Babilonia, en todos os pormenores relatados na Historia, cumpriu a profecía bíblica por medio do profeta [[Isaías]], que predixera este acontecemento, mencionando até mesmo o nome do Rei Ciro como conquistador de Babilonia, 200 anos antes do seu nacemento.