Vándalos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: tl:Lahing Bandalo
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Heinrich_Leutemann,_Plünderung_Roms_durch_die_Vandalen_(c._1860–1880).jpg|thumbminiatura|right|250px|A reputación tradicional dos vándalos: unha visión idealizada do saqueo de [[Roma]] en [[455]] por [[Heinrich Leutemann]], cara a 1870.]]
 
Os '''vándalos''' foron un pobo de [[Europa]] central, un dos pobos [[indoeuropeos]] da familia [[pobos xermánicos|xermánica]] que habitaban as rexións ribeiregas do [[Báltico]] (na zona das actuais [[Alemaña]] e [[Polonia]]). Os [[lugiones]] ou vándalos ocupaban o territorio ao oeste do [[río Vístula|Vístula]] e xunto ao [[río Oder|Oder]], ata o norte de [[Bohemia]]. A palabra vándalo parece ter un dobre significado e querería dicir «os que cambian» e «os hábiles», mentres que o seu outro nome, lugii ou lugiones, tamén con dobre significado, querería dicir «mentireiros» e «confederados». Parece ser que ao principio as tribos dos vandulii (ou vandali) e a dos lugii (ou lugiones), xunto coas dos silingos, omanos, buros, varinos (seguramente chamados tamén auarinos), didunos, helvecones, arios ou charinos, manimios (talvez denominación variante de omanos), elisios e naharvales correspondían a pequenos grupos de orixe similar (aínda que non está claro que todas as citadas fosen do mesma orixe), integrando outra rama do grupo dos [[hermiones]] (unha rama do cal eran os [[suevos]] e tribos afíns), formándose despois un gran grupo identificado xeralmente como lugiones, cuxo nome predominaba para designar a todos os pobos compoñentes, incluídos os vándalos. Máis tarde ([[século II]]) acabou prevalecendo o nome de vándalos para o conxunto de pobos. Tamén pobos celtas, como os osen ou osos e os cotinos, entraron na agrupación dos lugiones.
Liña 19:
 
== A formación e apoxeo do reino vándalo: o reinado de Xenserico ==
[[Ficheiro:Vandals_455.jpg|thumbminiatura|250px|O reino vándalo no ano [[455]].]]
Na primavera de [[429]], os vándalos, liderados polo seu rei [[Xenserico]], decidiron pasar a [[África]] co fin de facerse coas mellores zonas agrícolas do Imperio. Para iso lograron barcos cos cales cruzaron o Estreito e chegaron a [[Tánxer]] e [[Ceuta]]. Logo desprazáronse ao leste, facéndose, tras algúns anos de loita, co control do África romana e, xa que logo, as fontes de produción da maior rexión cerealeira do vello imperio, que en diante tivo que comprar o grande aos vándalos, ademais de soportar as súas razzias piratas no Mediterráneo Occidental. Para iso contaban co gran porto de [[Cartago]] e coa flota imperial nel apresada. Sobre a base desta última, Xenserico conseguiu apoderarse de bases marítimas de gran valor estratéxico para controlar o comercio marítimo do Mediterráneo occidental: as [[Illas Baleares]], [[Córsega]], [[Sardeña]] e [[Sicilia]].