Vitamina A: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
A '''vitamina A''' é unha vitamina liposoluble, presente en forma de provitamina en certos vexetais e certos produtos animais (especialmente, fígado, ovos e produtos lácteos), necesaria para a formación e mantemento dos tecidos epiteliais (especialmente, da retina) e o desenvolvemento normal do [[tecido óseo]], ademais doutras funcións fisiolóxicas.
[[Ficheiro:All-trans-Retinol2.svg|thumbminiatura|right|350px|Estrutura química do retinol (vitamina A).]]
 
Desde o punto de vista químico é un alcohol de fórmula '''C<sub>20</sub>H<sub>30</sub>O''', chamado tecnicamente '''retinol''' (nome que debe ó seu efecto sobre a [[retina]] do [[ollo]]). Realmente, o que denominamos ''vitamina A'' é un conxunto ou familia de substancias químicas con acción vitamínica A (retinol, retinal e ácido retinoico), chamadas formas activas, e outro tipo de substancias que son precursoras daquelas, chamadas [[provitamina]]s. As formas activas máis coñecidas son os isómeros 11-cis-retinal, o trans-retinal e o 9-cis-ácido retinoico.
Liña 56:
* Infeccións frecuentes, que levan a un estado de inapetencia e, polo tanto, a reduci-la inxesta de alimentos con vitamina A. Ademais, as infeccións adoitan cursar cun aumento nas necesidades de vitamina A.
 
[[Ficheiro:Bitot.jpg|thumbminiatura|right|Mancha de Bitot (Fonte: Programa de Nutrición do CDC.]]
A deficiencia de vitamina A provoca no home unha enfermidade carencial chamada [[xeroftalmia]], cuxa forma clínica máis coñecida é a [[cegueira|cegueira nocturna]]. Xa citamos anteriormente a acción desta vitamina sobre a retina, na que intervén na formación da rodopsina, un pigmento sensible á luz.
Liña 63:
Outras manifestacións da avitaminose A son a sensibilidade exacerbada á luz (fotofobia), redución dos sentidos do [[olfacto]] e [[gusto]], resecamento da pel e das mucosas (xerodermia), etc., todas elas consecuencia das alteracións cas células epiteliais, con hiperplasia (multiplicación descontrolada das células) e metaplasia (perda da forma celular). Unha consecuencia secundaria será a aparición de infeccións oportunistas, ó reducirse a capacidade defensiva contra os microorganismos propia da pel e mucosas .
[[Ficheiro:Vitamin A deficiency.PNG|thumbminiatura|esquerda|400px|Prevalencia da deficiencia de vitamina A: en amarelo, laranxa e vermello: deficiencia subclínica, moderada e clínica, respectivamente; verde: deficiencia baixo control; azul: sen datos (Fonte OMS).]]
 
A deficiencia de vitamina A é un problema case inexistente en países desenvolvidos pero común en países en vías de desenvolvemento, nos que contribúe de forma directa nunha elevada mortalidade infantil e, probablemente, tamén na materna. Xa dixemos que o [[arroz]], base da alimentación diaria nestes países, non achega carotenos. A [[OMS]] [http://www.who.int/vaccines/en/vitaminaspanish.shtml] estima que uns 12 millóns de meniños en países subdesenvolvidos morren antes de cumpri-los 5 anos (moitos no primeiro ano de vida) e que o 70% destas mortes se debe a infeccións respiratorias agudas, [[diarrea]]s, [[sarampelo]], [[paludismo]] ou [[malnutrición]], e comunmente á combinación de varias destas enfermidades. A carencia de vitamina A é un factor contribuínte coñecido nestas infeccións. Estímase que nestes países quedan cegos por esta causa ó redor de medio millón de meniños cada ano.