Diferenzas entre revisións de «Verza»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
==Cultivo==
Esta variedade é cultivada principalmente en [[Europa]] e [[América]]. Aínda que sexa moi utilizada na cociña do [[Brasil]], prefere climas fríos en vez de climas tropicais. Constitúe a variedade máis robusta de couve, tendo algunha caules subleñosos. Tolera case todo o tipo de solos, preferindo terreos com drenaxe satisfactoria -os terreos moi húmidos provocan a putrefacción das raíces que forman [[tubérculo]]s como síntoma-. Son tamén moi resistentes ás pragas, como a [[mosca da col]] (''Delia radicum''), aínda que as larvas da [[bolboreta da col]] tamén provoquen algúns estragos nos cultivos.
[[Ficheiro:Verzas.JPG|thumbminiatura|300px|Verzas nunha leira]]
Ademais do seu uso na alimentación humana, as follas empréganse adoito para a ceba do [[gando]], especialmente [[porco|porcino]].
 
Até o final da Idade Media, a verza constituía a verdura mais utilizada en [[Europa]]. Na [[Grecia antiga|Grecia]] xa se consumían variedades crespas ou máis lisas, no [[século -IV|século IV a.C.]]. Estas, xa referidas polos antigos [[Imperio Romano|romanos]] como ''couve sabeliana'', son consideradas as formas ancestrais das verzas actuais. Hoxe pódense diferenciar de acordo coa lonxitude do [[caule]] e polas características das follas. A cor das follas varía entre o glauco, verde-escuro, verde-violáceo ou castaño-violeta.
 
[[Ficheiro:Lacinato Kale and Collard Greens.jpg|thumbminiatura|esquerda|Verzas preparadas para a venda]]
==Uso culinario==
As follas novas de verzas deste tipo poden ser utilizadas en saladas, apreciándose particularmente o uso concomitante de [[amendoín|amendoíns]] torrados, [[améndoa]]s torradas con mollo de [[soia]] e [[pemento]] vermello.
 
O [[caldo verde]] portugués ten como principais ingredientes a [[batata]] e a verza. No noroeste da Alemaña, nas cidades de [[Bremen]] e [[Oldenburg]], desenvolveuse toda unha cultura relacionada con estes tipos de verza. É frecuente que os restaurantes fagan as "Grünkohlfahrt", principalmente en xaneiro, onde se consome grandes cantidades de verzas, salchichas e [[schnaps]]. Existen festivais anuais en que se elixe, inclusive, o "rei das verzas."
[[Ficheiro:Tronchuda.JPG|thumbminiatura|230px|Couve portuguesa, do grupo tronchuda]]
Son vexetais ricos en [[ferro]], [[vitamina C]] e [[calcio]]. Debido ao seu valor nutricional, é un dos alimentos preferidos dos [[vexetariano]]s.
 
103.029

edicións