Muralla de Hadrián: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Hadrian%27s_wall2.jpg|thumbminiatura|250px|Vista dos restos do Muro de Hadrián (''limes'' britano) no norte de Inglaterra]]
O '''Muro''' ou '''Muralla de Hadrián''' (en [[latín]]: ''Vallum Hadriani'') é unha antiga construción defensiva da illa de [[Gran Bretaña]], erguida entre os anos [[122]]-[[132]] por orde do emperador romano [[Hadrián]] para defender o territorio britano sometido, ao sur da muralla, das belicosas tribos dos [[picto|pictos]] que se estendían ao norte da mesma, no que chegaría a ser [[Escocia]] trala invasión dos [[escotos]] provenientes de [[Irlanda]]. A muralla tiña como función tamén manter a estabilidade económica e crear condicións de paz na provincia romana de [[Britania]] ao sur, así como marcar fisicamente a fronteira do Imperio. Hoxe día aínda subsisten importantes treitos da muralla.
 
Este ''[[limes]]'' fortificado estendíase durante 117 km desde o golfo de Solway, no oeste, ata o esteiro do [[Tyne]] no leste, e estaba flanqueado polas poboacións de ''Pons Aelius'' (actual [[Newcastle upon Tyne|Newcastle]]) e ''Maglona'' ([[Carlisle]]). A muralla en si estaba construída na súa totalidade con perpiaños, tiña un canto de 2,4 a 3 m e unha altura de entre 3,6 e 4,8 m. Contaba con 14 fortes principais e 80 fortíns que albergaban gornicións en puntos claves de vixilancia, así como un foxo na súa parte setentrional de 10 m e un camiño militar que a percorría polo seu lado meridional. O seu nome úsase en ocasións como sinónimo da fronteira entre [[Escocia]] e [[Inglaterra]], aínda que na maioría da súa lonxitude, o muro segue unha liña máis ao sur que a fronteira moderna.
 
[[Ficheiro:Hadrian's Wall view near Greenhead.jpg|thumbminiatura|esquerda|290px|Restos do Muro de Hadrián preto de Greenhead. A súa pedra foi reempregada durante anos nas construcións veciñas.]]
[[Ficheiro:Hadrians Wall map.png|thumbminiatura|right|Localización dos muros de Hadrián e Antonino]]
[[Ficheiro:Hadrianswall2007.jpg|thumbminiatura|right|Muro de Hadrián cerca de Housesteads]]
 
A súa función defensiva foi asumida pola [[muralla de Antonino Pío]], erguida máis ao norte e abandonada tras un breve período de tempo diante da hostilidade dos tribos caledonias, volvendo a muralla de Hadrián a ser o límite setentrional do territorio romano de [[Britania]]. Os pictos atravesaron a muralla en tres ocasións, en [[197]], [[296]] e [[367]]. Foi reparada e ampliada en [[209]], durante o reinado de [[Septimio Severo]], e definitivamente abandonada no ano [[383]].