Estevo Nemanja: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Alfabeto Fonético Internacional
m →‎O primeiro Reino de Serbia: Montenegro - Црна Гора
Liña 51:
A maioría dos bizantinos afogáronse no rio [[Sitnica]].<ref name="Српске династије" /> <ref name="Фајфрић" /> <ref name="Станоје" /> Tihomir tivo o mesmo destino, mentres que Stracimir e Miroslav foron capturados polos soldados de Nemanja, que lles perdoou a vida e todo o mal lle fixeran, e puideron volver ás súas terras para gobernar; el, converteuse no gobernador indiscutíbel de Raška.
 
Xusto despois da batalla de Pantin, Nemanja atacou ao knez de [[Zeta]], incorporando a Raška gran parte do territorio do actual [[Montenegro - Црна Гора|Montenegro]], así como a rexión do [[río Neretva]].<ref name="Станоје" />
 
No outono de [[1191]], o exército bizantino, ben preparado e baixo o mando do propio emperador [[Isaac II Angelus]] , enfrontouse con Nemanja e as súas forzas en [[Moravia do Sur]] (''Južna Morava''). Stefan Nemanja sufriu unha derrota terríbel, que fixo que tivera que retirarse ás montañas. Os bizantinos irrumpiron en todas as terras ao redor das beiras do río e queimaron incluso a Corte de Stefan en [[Kuršumlija]]. Pero Nemanja tiña vantaxe táctica e comezou o asalto dos exércitos bizantinos, polo que o emperador Isaac decidiu negociar un tratado de paz definitivo. Stefan Nemanja tivo que renunciar a gran parte das súas conquistas, ao leste do río [[Velika Morava]] e recoñecer o dominio supremo do emperador bizantino, mentres que o emperador recoñeceu como o lexítimo gran župan. Para simbolizar a paz definitiva, Estevo, fillo de Nemanja, casou coa princesa bizantina [[Eudoxia Angelina]] e recibiu o título de ''[[Sebastokrator]]'', un dos máis altos títulos bizantinos, só concedido a membros da familia do emperador. O emperador, que só buscaba separar aos serbios dos búlgaros, retivo Niš e Ravno; mentres que as terras de Zeta, Kosovo, Metohija e algunhas zonas de [[Albania]] pasaron a Estevo Nemanja.