Traxano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Trajan-Xanten.JPG|thumbminiatura|right|250px|Estátua de [[mármore]] de Traxano en [[Xanten]] (Colonia Ulpia Traiana).]]
'''Marcus Ulpius Traiaunus''', nado en [[Itálica (cidade)|Itálica]], [[Bética]], [[Hispania]], no ano [[53]] e finado no ano [[117]], foi o primeiro [[emperador romano]] non ''italicus''.
 
Liña 7:
Home cordial e aberto, pero moi decidido na loita, a súa política foi moi diferente da dos seus predecesores. A súa permanencia en Roma foi máis ben curta e en estadías separadas ([[99]]-[[101]], [[102]]-[[105]], [[107]]-[[113]]). Inspirou os seus actos de goberno na ética [[estoicismo|estoica]] do ben común e da filantropía, como amosan as súas grandes obras publicas en Roma e Italia, a organización da ''[[anona]]'', as axudas aos máis desfavorecidos, a obrigatoridade dos senadores de mercar terras en Italia e explotalas, o que levou a un gran pulo no comercio e na agricultura, facendo obras no porto de [[Ostia]], que se converteu no principal porto de exportacións do Imperio. Fomentou o desenvolvemento das institucions alimentarias e concedeu empréstimos aos propietarios das terras para medrar as producións. No ano [[114]], o Senado concedeulle o título de ''optimus''.
 
[[Ficheiro:SPQR COIN Roman.jpg|thumbminiatura|esquerda|Moeda de un [[as]] co "Optimus Princeps" Traxano.]]
Cara a asegurar os territorios do Imperio, anexionou a [[Dacia]] (a actual [[Romeania]]) en dúas campañas. Na primeira, no ano [[101]], derrotou ao seu xefe [[Decébalo]] e tomou a súa capital, [[Sarmizegetusa]]. Unha segunda campaña no ano [[105]] rematou con todas as resistencias e no [[107]] a Dacia foi incorporada ao Imperio como [[provincia]] imperial, aportando as súas notábeis riquezas en ouro e prata. Noutro lado do [[Mar Negro]], conqueriu que os [[ibero]]s, pobos montañeses do [[Cáucaso]] (máis ou menos a actual [[Xeorxia - საქართველო|Xeorxia]]) recoñecesen a soberanía romana. Entre os anos [[105]]-[[106]] foron sometidos os [[nabateo]]s, nos confíns da [[Arabia]], e cuxa capital, [[Petra]], era un nó moi importante das caravanas mercantís da época. Arabia (en realidade a [[península do Sinaí]] e o territorio ao Oeste de Siria) foi incorporada ao imperio como provincia. Outra expedición dirixiuna contra os [[parto]]s, tomando [[Armenia]] ([[114]]), invadiu o reino parto arsácida, expulsando do seu trono ao rei [[Cosroes]], e poñendo no seu lugar o rei [[Partamaspates]], disposto a facer unha política que non mancase os intereses de Roma. Traxano levou a guerra deica [[Mesopotamia]], conquistando [[Babilonia]], pero tivo que abandonar a zona diante do crecente poderío dos persas.
 
[[Ficheiro:Trajan s column.jpg|thumbminiatura|Columna de Traxano.]]
[[Ficheiro:Roman_empire.png|thumbminiatura|250px|esquerda|O [[Imperio Romano]] no momento da súa máxima expansión ([[117]], ao final do reinado de '''Traxano''')]]
 
No que se refire á politica interior, ainda que os emperadores trataron de manter a importancia do [[Senado romano|Senado]], a acumulación dos poderes en mans imperiais e o funcionamento lexislativo foron configurando un rexime monárquico de [[despotismo ilustrado]], asistido por un órgano que recibía todas as honras, pero que ia acentuando o seu carácter meramente consultivo. O Emperador atribuíuse o título de Procónsul de todas as provincias, incluídas as senatoriais, co que a súa autoridade sobre todos os territorios era plena. As leis deixaron de se aprobar co respaldo popular e promulgábanse por ''senatus consultum'', ou como decretos do Emperador.