Diferenzas entre revisións de «Torres de Altamira»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m (left -> esquerda)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
 
==Historia==
[[Ficheiro:Torres de altamira 2.JPG|200px|thumbminiatura|esquerda|Unha das torres.]]
As ruínas do castelo, é o que queda do que se construiu no [[século IX]] sobre os restos dun [[castro (poboado)|castro]] de [[cultura castrexa|época castrexa]], este mantívose ata o ano [[1073]], ano no que foi arrasada por [[Gonzalo de Moscoso]], fillo dun tal Beremundo, castelo do que non se saben cales eran as súas dimensións, nin as dependencias coas que contaba. Despois disto a súa reconstrución viuse dificultada pola prohibición ordenada polo rei [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]] en [[1180]] de construír novas fortalezas na ''“Terra de Santiago”'' sen autorización expresa do arcebispo de Compostela. Pertenceu a [[familia dos Moscoso]] dende o o século XV en diante.
 
Pola súa posesión librouse a [[Batalla de Altamira]].
 
[[Ficheiro:Torres de Altamira 4.JPG|200px|thumbminiatura|Vista xeral.]]
 
As obras de mellora e ampliación continuaron durante o goberno do II conde de Altamira: [[Rodrigo Osorio de Moscoso]], chegando a contar con seis torres, ademais dun cómodo pazo. Anos despois, en [[1594]], o V conde de Altamira: [[Lope de Moscoso Osorio]], ordeou construír no recinto unha capela baixo a advocación dos Reis Magos.
A partir do [[século XVII]] os condes deixaron de habitar o castelo e ocuparon o [[Pazo de Trasouteiro]], a pouco mais dun quilómetro das torres, trasladándose con posterioridade á corte. Todo indica que no [[século XVIII]] sufriu un incendio, que afectou sobre todo ó pazo, favorecendo o seu abandono. A partir deste momento comezou o seu proceso de ruína, sendo a finais do [[século XIX]] cando máis foi usado como canteira para numerosas construcións.
 
[[Ficheiro:Torres de Altamira 5.JPG|200px|thumbminiatura|right|Unha das torres.]]
 
No ano [[1872]], un dos herdeiros da casa de Altamira vendeu as torres, xa arruínadas. Un dos compradores, un rico campesiño que estivera en América, construíu unha casa coas propias pedras da fortaleza. Outro aproveitou a capela dos Reis Magos para construírse un rocho. Tamén se aproveitaron os perpiaños na construción da [[capela de Santa Minia]], cando pasou a mans do arcebispado, e para as obras da igrexa parroquial de Brión, chegándose a desfacer tamén a torre da homenaxe.
103.099

edicións