Diferenzas entre revisións de «Torre dos Moreno»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m (tella)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
{{Coordenadas|43|32|16|N|7|2|17|W|display=title}}
 
[[Ficheiro:Cantonmoreno050207peq2.JPG|thumbminiatura|250px|right|Vista do edificio 'Torre dos Moreno', emblemático de [[Ribadeo]], (tomada dende o Parque da Praza de España o [[7 de febreiro]] de [[2005]]), fachada SO]]
 
A '''torre dos Moreno''' é unha [[casa de indianos]] situada en [[Ribadeo]], na praza de España e na rúa de Ibáñez. Foi mandada construír por [[Pedro e Juan Moreno|Pedro e Juan Moreno Ulloa]] en 1915 e deseñada polo [[arquitecto]] [[Julián García Núñez]] e o [[enxeñaría|enxeñeiro]] [[Ángel Ardex]]. Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo [[modernismo|modernista]], cimentado sobre unha estrutura mixta de [[formigón]] e [[ferro]].
 
[[Ficheiro:Cantondeb2.JPG|thumbminiatura|esquerda|Vista artística da 'Torre dos Moreno', recollida nunha publicación da época, Bandera Católica ([[1 de setembro]] de [[1916]])]]
 
Conta con diversos adornos, como [[alicatado]]s, [[mármore]]s, [[vidreira]]s, [[greca]]s, tellado con [[Tella (construción)| tella]]s de [[porcelana]] (cerámica vidrada) de cor vermella ou [[pilastra]]s. A [[cúpula]] da torre principal está mantida por catro [[cariátide]]s. A planta ten 950m², e o solar, 1050m² (medidas tomadas usando [[SIXPAC]]) Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance do deterioro do edificio.
O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo [[Centroeuropa|centroeuropeo]], do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do [[século XX]] en [[Cuba]], lugar de emigración dos seus primeiros propietarios.
 
[[Ficheiro:Ascensorcanton.jpg|thumbminiatura|esquerda|Ascensor da Torre dos Moreno, onde se aprecia a súa manufactura de ferro fundido e motivos vexetais]]
 
Ten tres escaleiras e seis patios, asegurando a comunicación e claridade no edificio. En cada planta hai dúas vivendas, nas que están incluídas habitacións principais, secundarias e de servizo, con alturas de catro metros.
103.099

edicións