Terremoto de Lisboa de 1755: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 8:
== O terremoto ==
O terremoto tivo lugar na mañá do 1 de novembro, o [[día de Todos os Santos]] para os [[ Igrexa Católica Romana|católicos]]. Os informes contemporáneos indican que o terremoto durou entre tres e medio e seis minutos, producindo fendas xigantescas de cinco metros de ancho que se abriron no centro de cidade. Os supervivintes fuxidos na procura de seguridade ao espazo aberto que constituían os peiraos puideron observar como a auga retrocedía, revelando o leito do mar, cuberto de restos de carga caída ao mar e os vellos naufraxios. Varias decenas de minutos despois do terremoto, un tsunami enorme con olas de entre 6 e 20 m enguíu o porto e a zona centro, subindo augas arriba do río [[Texo]]. Foi seguido por dúas ondas máis. Nas áreas non afectadas polo tsunami, os incendios xurdiron rapidamente, e as lapas abordelaron a cidade durante cinco días.
[[Ficheiro:Convento do Carmo ruins in Lisbon.jpg|thumbminiatura|esquerda|220px|Ruínas do Convento do Carmo en Lisboa]]
Dunha poboación lisboeta de 275.000 habitantes, ata 90.000 resultaron mortos. Outros 10.000 morreron en [[Marrocos]]. O 85% dos edificios de Lisboa resultaron destruídos, incluíndo pazos e famosas bibliotecas, así como a maioría dos exemplos da arquitectura [[estilo manuelino|manuelina]], distintiva do século XVI portugués. Varios edificios que sufriran poucos danos a causa do terremoto foron destruídos posteriormente polo lume. O recentemente estreado teatro da ópera (inaugurado soamente seis meses antes), resultou destruído polo lume ata os seus alicerces. O Palacio Real, situado xunto ao río Texo onde hoxe se atopa o ''[[Terreiro do Paço]]'', foi destruído polos efectos sucesivos do terremoto e o tsunami, do mesmo xeito que o Teatro Real do Paço dá Ribeira, situado fronte ao pazo. Dentro deste, a biblioteca real que constaba duns 70.000 volumes, así como de centenares de obras de arte, incluíndo pinturas de [[Tiziano]], [[Rubens]] e [[Correggio]], resultou destruída.
 
Liña 43:
 
== Implicacións sociais e filosóficas ==
[[Ficheiro:Voltaire.jpg|180px|right|thumbminiatura|Voltaire]]
O terremoto sacudiu moito máis que cidades e edificios. Lisboa era a capital dun país devotamente católico, cunha longa historia de investimentos na Igrexa e a evanxelización das colonias. Máis aínda, a catástrofe tivo lugar un día de festa católico e destruíu practicamente cada igrexa importante. Para a teoloxía e filosofía do século XVIII, esta manifestación da cólera de Deus era difícil de explicar.
 
Liña 49:
 
O carácter arbitrario da supervivencia foi probablemente o que máis o marcou, levándose a satirizar a idea, defendida por autores como [[Gottfried Wilhelm Leibniz]] ou [[Alexander Pope]], de que "este é o mellor dos mundos posibles". Como [[Theodor Adorno]] escribiu, "o terremoto de Lisboa foi suficiente para curar a Voltaire da [[teodicea]] de Leibniz". A finais do século XX, seguindo a Adorno, o terremoto de 1755 foi presentado ás veces como análogo ao Holocausto no sentido de catástrofe tan enorme que tivo un impacto transformador na cultura e a filosofía europeas.
[[Ficheiro:Immanuel Kant (painted portrait).jpg|180px|esquerda|thumbminiatura|Inmanuel Kant]]
O concepto do [[sublime]], aínda que existiu antes de 1755, foi desenvolvido en filosofía e elevado a súa máis alta expresión por [[Immanuel Kant]], en parte como resultado dos seus intentos para comprender a enormidade do seísmo e do tsunami de Lisboa. Kant publicou tres textos separados sobre o terremoto de Lisboa. O mozo Kant, fascinado co terremoto, recolleu toda a información dispoñible en gacetiñas de noticias, e usouna para formular unha teoría sobre as causas de terremotos. A súa teoría, que implicaba cambiar de sitio enormes cavernas subterráneas cheas de gases quentes, foi (aínda que erróneo en última instancia) unha das primeiras tentativas sistemáticas modernas para explicar os terremotos mediante causas naturais, antes que sobrenaturais. Segundo [[Walter Benjamin]], o delgado libro elaborado por un mozo Kant sobre o terremoto "representa probablemente o principio da xeografía científica en Alemaña. E certamente o comezo da sismoloxía."
 
Liña 58:
 
== O nacemento da sismoloxía ==
[[Ficheiro:1755 Lisboa Epicentro Terremoto.gif|thumbminiatura|200px|right|Epicentro estimado do terremoto]]
A resposta do primeiro ministro non se limitou aos aspectos prácticos da reconstrución. O Marqués ordenou que unha detallada enquisa fose enviada a todas as parroquias do país con respecto o terremoto e aos seus efectos. As preguntas incluíron:
* ¿Canto tempo durou o terremoto?