Televisor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Páxina de homónimos resolta polo bot: cambiou unha ou varias ligazóns cara a receptor de radio na páxina "Radio"
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-R26738, Kombinierter Fernseh- und Rundfunkempfänger.jpg|thumbminiatura|Televisor con radio de Telefunken (1933)]]
Un '''televisor''', ou unha '''televisión''', é un aparello destinado principalmente á recepción e reprodución de sinais de [[televisión]].
 
Liña 5:
Os primeiros televisores eran electromecánicos, os primeiros que se fabricaron comercialmente, no [[Reino Unido]] en [[1928]] por [[John Logie Baird]]<ref>[http://www.tvhistory.tv/PRE-1935-BAIRD.htm Television History, web de Michael Bennett-Levy]</ref>, non eran máis que [[receptor de radio|radios]] co engadido dun dispositivo de televisión que non era máis que tubo de neón detrás dun [[disco de Nipkow]] con aberturas en espiral que producían unha imaxe do tamaño dun [[selo postal]] que dobraba de tamaño por medio dun cristal, tamén existía unha versión sen a radio.
 
[[Ficheiro:Höritz Museum - Fernseher Tesla 40001A.jpg|thumbminiatura|Primeiro televisor fabricado na antiga [[Checoslovaquia]] (1953)]]
 
Os primeiros televisores comerciais electrónicos feitos con tubos de raios catódicos fabricounos [[Telefunken]] en [[Alemaña]] en [[1934]], logo seguiron [[Francia]] e o Reino Unido en 1936 e nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] en 1938, pero os aparellos eran caros, había poucas canles de televisión e as emisións eran moi limitadas, así en 1945 apenas había 7000 televisores nos Estados Unidos <ref>[http://www.high-techproductions.com/historyoftelevision.htm The History of Film, Television & Video]</ref>. Despois da [[Segunda Guerra Mundial]] por mor do avance na tecnoloxía debido ás investigacións que se iniciaran pola guerra e a baixada dos prezos polo comezo da produción masiva, aumentaros os fogares que tiñan un televisor, estímase que en [[1948]] había 48.000 nos Estados Unidos<ref>''The Encyclopedia Americana''. New York: Scholastic Library Publishing, 1984, p. 433</ref> que xa eran case 6 millóns en [[1950]]<ref>''The World Book Encyclopedia''. Chicago: World Book Inc., 2003, páxina 119</ref>. Aínda que as primeiras transmisións en cor datan de 1928, pero a fabricación industrial de televisores en cor comezou, nos Estados Unidos, en [[1954]], popularizándose nese país na de 1960 e na de 1970 en [[Europa]]. O televisor nos primeiros tempos era un obxecto de luxo, de feito a maioría localizábanse en lugares públicos especialmente [[bar]]es, [[restaurante]]s e [[hotel|hoteis]], aqueles que estaban nos fogares indicaba un alto estatus do seu dono e polo tanto tendíase a colocar na parte casa máis visible ás visitas, o [[salón]], a medida que se ía popularizando a tendencia era a colocala no [[comedor]], a parte da casa na que a familia estaba máis tempo xunta, e a finais do século XX eran habituais nas [[cociña]]s e dormitorios de moitas casas <ref>Jennings Bryant, J. Alison Bryant. ''Television and the American family'', p. 8 </ref>. Nun principio recibíase o sinal a través de [[antena de televisión|antenas]] interiores, coñecidas popularmente como ''os cornos'', que polo xeral se colocaban enriba dos televisores, co tempo pasaron a se colocar no exterior, xeralmente no tellado, dando cobertura a todos os veciños dun inmoble. O [[mando a distancia]], desenvolvido para os televisores a partir de 1950 e popularizado a finais da década de 1970 e comezos da de 1980, permitiu interactuar desde o sofá cos televisores sen tocalos fisicamente.
== Pantallas ==
[[Ficheiro:103inchPlasma.JPG|thumbminiatura|Televisor de plasma]]
*As [[pantalla]]s máis correntes son as de tubo de raios catódicos ou CRT, carecen dunha resolución fixa, aínda que si teñen unha resolución mínima, dada a separación entre os puntos. A frecuencia de cadro dun televisor NTSC é de 29,97 Hz, e de 25 Hz nos televisores coa norma PAL. A resolución vertical visible dos televisores NTSC é 480 liñas, e a dos PAL de 575 liñas. Este sistema está quedando obsoleto na maioría dos países desenvolvidos.
 
Liña 15:
 
*As pantallas planas de cristal líquido e de plasma , os avances tecnolóxicos permitiron utilizar a tecnoloxía de LCD para a fabricación de pantallas planas, que poden ter só un par centímetros. Máis recentemente as pantallas LCD con retroiluminación LED que utiliza díodos emisores de luz.
[[Ficheiro:Hd tv samsung LE26R41BD.jpg|thumbminiatura|Televisor LCD]]
 
== Notas ==