Septimio Severo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Septimius_Severus_busto-Musei_Capitolini.jpg|thumbminiatura|225px|right|Busto de Septimio Severo en [[alabastro]] no [[Museo Capitolino]] de [[Roma]].]]
 
'''Septimio Severo''' foi un [[Lista de emperadores romanos|Emperador romano]] nado en [[Leptis Magna]] (África) no [[146]]. De orixe [[púnico|púnica]], foi o primeiro emperador de orixe africana e fundador da [[dinastía dos Severos]] que gobernaría [[Roma Antiga|Roma]] e o seu Imperio preto de 47 anos.
Liña 10:
Unha vez resolta a cuestión de Oriente, volveu a Roma e Clodio Albino xa estaba a facer movementos para unha nova guerra, xa que supoñía que Septimio non quedaría sen se mover para volver de novo á unidade do Imperio. O encontro das dúas forzas foi preto da actual [[Lión|Lyon]], e de novo Septimio Severo foi o vencedor, vitoria que outra vez o levaría a unha matanza entre os partidarios de Clodio e confiscacións dos seus bens.
 
[[Ficheiro:Septimius Severus - Cologne.jpg|thumbminiatura|esquerda|225px|Cabeza de Septimio Severo conservada no Cologne, Römisch-Germanisches Museum]]
 
O 2 de Xuño do [[197]], Septimio entra de novo en Roma, e no seu primeiro discurso promete desenmascarar os senadores partidarios de Clodio Albino, rehabilitar a [[Cómodo]] do que se nomea irmán e dar garantías de continuidade á dinastía Severa, asociando ao trono aos seus fillos [[Xeta]] e [[Caracalla]]. Foron asasinados 41 senadores e os seus bens confiscados. A continuación deu festas ao pobo, aumentoulle a paga aos soldados, permitíndolles vivir coas súas mulleres nos campamentos e nomeou a '''C. Fulvio Plautiano''' prefecto dos pretorianos. Logo marchou de novo cara a Oriente para castigar aos partidarios de Pescenio Níxer e reconquistar as terras perdidas. Pacificou a [[xudeus]] e [[samaritanos]], o rei de [[Armenia]] suplicou a amizade de Roma, conquistou [[Seléucida]], [[Ctesifonte]] e [[Babilonia]] e firmou a paz cos [[partos]]. Con estas vitorias, conseguiu que o seu fillo [[Xeta]] fose nomeado [[César (título)|César]] e Caracalla recoñecido como ''augustus''.
Liña 20:
Despois da desvalorización do denario de prata, o Emperador, e para salvar as finanzas, concentrou nas súas mans a meirande parte dos ingresos. Todos os bens procedentes das confiscacións ingresábanse na caixa imperial, coñecida como ''ratio privata'', os procedentes do ''ager publicus'' ían ao ''patrimonium''. Para o desenvolvemento do comercio creou novos mercados (Pysos en Tracia) e ampliou os xa existentes. Prestou o maior interese en todo o que gardaba relación co exército. Permitiu que aos soldados se lles concedese a ''annus aureus'' con que a orde ecuestre quedou moi ampliada cos privilexios que iso comportaba. A paga dos soldados elevouse de 300 a 500 denarios anuais, a cobrar en metálico e non en especie como era o vello costume. Concedeu especiais prerrogativas aos centurións, creando unha caixa de auxilio e permitindo que os seus fillos accedesen ao Senado.
 
[[Ficheiro:Aureus_Septimius_Severus-193-leg_XIIII_GMV.jpg|thumbminiatura|225px|right|[[Aureus]] cuñado en [[193]] na honra da [[XIIII Gemina Martia Victrix]], a lexión que o proclamou emperador.]]
Equiparou as restantes provincias cos mesmos dereitos de Italia, creando algunha nova como [[Mesopotamia]], a cidades que lle foran fieis durante a súa loita polo poder concedeulles a cidadanía romana. Levou ao Exipto a división municipal e sobre todo, o Senado perdeu a súa importancia política e a súa lexislación criminal referente aos seus propios membros. A lexislación, con mais de 400 leis publicadas tendeu a ser máis humanitaria e tendeu a mellorar as clases máis febles.