Selección de fútbol de Chile: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 37:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Sele1930.JPG|thumbminiatura|esquerda|190px|A selección chilena previo a un partido da [[Copa Mundial de Fútbol de 1930]].]]
A selección de fútbol de Chile disputou o seu primeiro encontro internacional ante a [[Selección de fútbol de Arxentina|selección arxentina]] o [[27 de maio]] de [[1910]]. O encontro, disputado en [[Bos Aires]], finalizou 3-1 a prol de Arxentina. Vinte anos despois, chegou a [[Copa Mundial de Fútbol de 1930|I Copa Mundial de Fútbol]], a cal foi a única realizada sen un proceso de clasificación previo. Todo equipo afiliado á FIFA foi convidado a competir no torneo, pensado inicialmente para albergar a dezaseis participantes. Finalmente, o torneo comezou o [[13 de xullo]] de [[1930]], con só trece participantes, entre os cales estaba Chile. O [[Hungría|húngaro]] [[Gyorgy Orth]] foi o encargado de dirixir ao seleccionado chileno. Chile foi membro do Grupo A, xunto a {{sel|Arxentina}}, {{sel|Francia}} e {{sel|México}}.
 
Liña 51:
 
Despois de non conseguir xogar o mundial de [[1970]], Chile clasificouse para o Grupo 1 da [[Mundial de Fútbol Alemaña Occidental 1974|Copa Mundial de 1974]], Chile soamente lograría empatar 1-1 con {{sel|Alemaña Democrática}} e 0-0 con {{sel|Australia}}, ademais de perder por 1-0 fronte a [[Selección de fútbol de Alemaña|Alemaña Federal]]. O único gol chileno saíu dunha xogada iniciada por Elías Figueroa, a cal continuou rapidamente Reinoso quen lle entregou o balón ao centrodelantero Sergio Afumada para o gol definitivo. No partido disputado fronte a [[Alemaña Federal]], Chile marcou outro fito: O seu dianteiro estrela Carlos Caszely (goleador da Copa Liberadores de [[1973]]) foi o primeiro expulsado con cartón vermello na historia das [[Copa do Mundo de Fútbol|Copas Mundiais]]. Aínda que a medida viña dende o torneo anterior, Caszely foi o primeiro en inaugurar a normativa. Como único consolo quedou que o defensa chileno Elías Figueroa foi destacado, por numerosos medios e por futbolistas como [[Franz Beckenbauer]], como o mellor defensa do torneo.
[[Ficheiro:Selección chilena futbol-Mundial España 1982.jpg|thumbminiatura|Chile en [[Mundial de Fútbol España 1982|España 1982]].]]
A clasificación para a [[Mundial de Fútbol España 1982|Copa Mundial de Fútbol de España de 1982]] facía presaxiar un gran desempeño de Chile na cita mundialista. Os chilenos finalizaron líderes do Grupo 3 da clasificación, con tres triunfos e un empate, de catro partidos disputados, o que lles permitiu acceder á cita final. Ademais, con case o mesmo cadro, Chile saíra subcampión de [[Copa América]] [[1979]], co seu dianteiro Carlos Caszely como principal figura do torneo. En España, Chile formou parte do Grupo 2, xunto ás seleccións de {{sel|Alxeria}}, {{sel|Austria}} e [[Selección de fútbol de Alemaña|Alemaña Federal]]. No primeiro partido Chile, cun esquema defensivo e xogadores en mal estado físico, perdía tempranamente ante Austria por 1 a 0. No minuto 26, Caszely foi derrubado na área rival, ante o cal se sinalou [[penalti]] para o conxunto chileno. Gustavo Moscoso era o encargado de lanzalos, mais este finalmente cedeu a súa responsabilidade a Caszely. Caszely fallou, feito que curiosamente se converteu nun fito histórico para os seareiros chilenos. No seu segundo partido, Chile foi goleado por Alemaña Federal, o que comezaba a marcar a súa peor participación mundialista á data. Finalmente, Chile terminou perdendo os seu tres partidos: 0-1 ante [[Austria]], 1-4 ante [[Alemaña Federal]] e 2-3 ante a [[Alxeria]].
 
Depois de varios anos sen clasificarse, e de ser expulsados da clasificación cara o [[Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994|Mundial de 1994]], debido a que o gardameta chileno Rojas finxiu ser agredido polo público durante un partido en [[Maracanã]] fronte a {{sel|Brasil}} para tentar suspender o partido en marcha cando perdían 1-0, Chile conseguiu xogar o mundial de [[Mundial de Fútbol Francia 1998|Francia 1998]]. Para o evento deportivo, o adestrador Nelson Acosta conformou un equipo onde a maioría dos seus xogadores desenvolvíase no campionato local (soamente catro futbolistas militaban en clubs estranxeiros). A selección de fútbol de Chile foi situada no Grupo B xunto coas seleccións de {{sel|Austria}}, {{sel|Camerún}} e {{sel|Italia}}.
[[Ficheiro:Brazil & Chile match at World Cup 2010-06-28 3.jpg|thumbminiatura|Encontro entre [[Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 - Fase final#Brasil - Chile|Brasil e Chile]] do [[Copa Mundial de Fútbol de 2010|Mundial 2010]].]]
Chile debutou fronte á [[Selección de fútbol de Italia|selección italiana]] o [[11 de xuño]] no [[Parc Lescure]] de [[Bordeos]]. O encontro finalizou con empate 2-2, con dous goles de Marcelo Salas,. O Stade Geoffroy-Guichard de Saint-Étienne albergou o segundo partido de Chile, disputado o [[17 de xuño]]. Este encontro fronte a {{sel|Austria}} tamén finalizou empatado, tras o 1-0 de Marcelo Salas e o 1-1 marcado polo xogador austriaco [[Ivica Vastić]] no minuto 93. O partido contra {{sel|Camerún}} disputouse o [[23 de xuño]] no [[Stade da Beaujoire]] de [[Nantes, Francia|Nantes]]. Chile comezou gañando, grazas a un tiro libre executado por José Luís Sierra, quen logrou bater ao gardameta [[Jacques Songo'o]] colocando o balón no ángulo esquerdo da portaría. O encontro concluíu con empate 1-1, clasificándose Chile por primeira vez a segunda rolda dun Mundial xogado fóra de Chile. Finalmente, por oitavos de final, Chile caeu eliminado fronte a {{sel|Brasil}} por 4-1 no [[Parc des Princes]] de [[París]] o [[27 de xuño]].
 
Liña 496:
 
=== Máximos goleadores da selección ===
[[Ficheiro:Leonel Sanchez.JPG|thumbminiatura|145px|[[Leonel Sanchez]].]]
Actualizado a [[30 de xullo]] de [[2010]].<ref name="RSSSF">[http://www.rsssf.com/miscellaneous/chil-recintlp.html Chile - Record International Players]</ref>
{| class="wikitable" cellpadding="3" style="text-align: center;"