Diferenzas entre revisións de «Sarcómero»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m (→‎Almacenamento de enerxía: adenosín trifosfato)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
[[Ficheiro:sarcomere.gif |thumbminiatura|right|300px|Sarcómero.]]
Un '''sarcómero''' (do grego sárx = "carne",e méros = "parte") é a unidade básica funcional dun [[músculo]]. Os músculos están compostos por células musculares chamadas [[miocito]]s ou [[fibra muscular|fibras musculares]]. As células musculares conteñen [[miofibrila]]s formadas por proteínas filamentosas das que depende a contracción muscular. Nas fibras musculares estriadas as miofibrilas están organizadas formando unha sucesión de sarcómeros, que, por tanto, son agrupacións ordenadas de miofibrilas dentro da fibra muscular. Os sarcómeros vistos ao microscopio teñen o aspecto de bandas escuras e claras. As proteínas do sarcómero esvaran unhas sobre outras durante a contracción muscular, de modo que a lonxitude do sarcómero diminúe (e na relaxación aumenta).
 
 
==Bandas==
[[Ficheiro:Sarcomere.jpg|thumbminiatura|right|300 px|Bandas e liñas do sarcómero (S).]]
[[Ficheiro:Sarcomere.svg|300px|thumbminiatura|right|Modelo de filamentos esvarantes da contracción muscular.]]
Os sarcómeros son os que lle dan ao músculo esquelético a súa aparencia microscópica estriada.
* O sarcómero defínese como o segmento entre dúas liñas Z veciñas (ou discos Z ou corpos Z). Nas micrografías electrónicas do músculo esquelético estriado, a '''liña Z''' (do alemán "Zwischenscheibe", ''o disco entre'' as bandas I) aparece como unha serie de liñas escuras.<ref name=Fawcett>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 277-278, 283-285. ISBN 84-7605-361-4.</ref>
103.099

edicións