Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
{{SenReferencias}}
 
[[Ficheiro:Sancho IV de Castilla.jpg|280px|thumbminiatura|Sancho nun manuscrito da época.]]
 
'''Sancho IV de Borgoña, ''o Bravo''''', nado en [[Valladolid]] o [[12 de maio]] de [[1258]] e falecido en [[Toledo]] o [[25 de abril]] de [[1295]], foi [[Lista de monarcas de Castela|rei de Castela]] e de [[Reino de León|León]]. Era o segundo fillo de [[Afonso X o Sabio]] e [[Violante de Aragón]], filla de [[Xaime I de Aragón|Xaime I o Conquistador]].
Porén, Sancho proclamouse rei sen respectar a vontade do seu pai, e foi coroado en [[Toledo]] en 1284. Foi recoñecido pola maioría dos pobos e dos nobres, pero ó mesmo tempo houbo un grupo bastante numeroso de partidarios dos Infantes de la Cerda, que reclamaban o acatamento do testamento. Durante todo o reinado deste monarca houbo loitas internas e pelexas por alcanzar o poder. Un dos personaxes que máis discordias provocou foi o infante don Xoán (irmán de Afonso X), e á súa causa uniuse o nobre [[Lope Díaz III de Haro]], octavo señor de Biscaia. O rei Sancho fixo executar ó de Haro e mandou encarcerar ó seu tío, o infante don Xoán. Tamén, segundo as crónicas, deu a orde de executar 4.000 seguidores dos infantes de la Cerda, pasándoos a coitelo, en [[Badaxoz]], a 400 en [[Talavera]] e a outros moitos en [[Ávila]] e Toledo.
 
[[Ficheiro:Placa en honor al pueblo de Tarifa, Tarifa.JPG|thumbminiatura|esquerda|180px|Arco de Tarifa cunha placa en recordo dos que loitaron no conflito de Tarifa.]]
Despois destes acontecementos perdooulle ó seu tío don Xoán, quen ó pouco tempo se volveu sublevar, ocasionando o conflito de [[Tarifa]]. Don Xoán chamou na súa axuda os benimerines de Marrocos e sitiaron a praza que estaba defendida polo seu gobernador [[Guzmán el Bueno]], señor de León. Alí ocorreu o famoso acto heroico e a morte inocente do fillo de Guzmán. A praza de Tarifa foi fielmente defendida e os [[benimerines]] regresaron ó seu lugar de orixe. Desbaratáronse deste modo os plans do infante don Xoán e os do sultán de Marrocos, que pretendía unha invasión.
 
103.029

edicións