Samartín del Rei Aurelio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 13:
 
=== Idade media e moderna ===
[[Imaxe:Casa'l conceyu smra asturies.jpg|thumbminiatura|280px|Concello de San Martín del Rey Aurelio en [[Sotrondio]]]]
 
Hai que esperar á [[Alta Idade Media]], concretamente no alto-medievo, para atopar testemuños, neste caso escritos, do asentamento de persoas en S.M.R.A., nos que segundo a tradición o rei Aurelio, trasladou a súa corte entre os anos 768 e 774 ao actual lugar de San Martín. Durante esta etapa existen no concello nobres denominados infanzones ligados a este territorio e que naqueles tempos formaba parte de [[Langreo]].
 
No ano [[1075]] o Rei [[Afonso VI de León|Afonso VI]] doa á igrexa de San Salvador de [[Oviedo]] a súa xurisdición de Langreo, entre a que se inclúe o actual termo de San Martín. Os infanzones oponse a esta doazón e pleitean co Rei, perde a nobreza e pasa o concello a depender da mitra Ovetense. Con todo, aquela seguiu gozando dos terreos emparentando máis tarde con outras liñaxes como Bernaldo de Quirós, Jove ou Miranda, quedando diversos casaróns e escudos que corroboran estes feitos.
[[Imaxe:Lentregu3.jpg|thumbminiatura|280px|[[O Entrego]]]]
No documento que recolle a "confederación en xura", realizada no Mosteiro de la Vega (Oviedo), en [[1367]], por varios concellos asturianos para defender a causa de [[Pedro I de Castela|Pedro I]] contra o seu irmán bastardo [[Enrique de Trastámara]], aparece a firma dun descendente dos infanzones, Don Pedro Peláez de Sanfrechoso. No ano [[1388]], grazas a un convenio efectuado entre o Bispo de Oviedo coas xentes do Alfoz de Langreo, outórgaselles un permiso para fundar unha poboa rexida polo foro de [[Benavente, Zamora|Benavente]], aparecendo nomeado como "San Martín do Rei Orellán". Porén, as persoas do val seguen pertencendo á obispalía ata que no ano [[1581]] compran a súa redención ao Rei [[Felipe II de España|Felipe II]], pasando a converterse en concello de realengo con dereito a enviar representantes á [[Xunta Xeneral do Principado]], na que ocuparon o asento número 42.
No ano 1650 chegan a San Martín varios segundoxénitos da familia Lamuño provenientes do [[Señorío de Salas]], ([[Señorío]] que posuía dita familia), adquirindo terras e muíños na zona.
=== Século XIX en diante ===
[[Imaxe:Blimea.jpg|thumbminiatura|280px|Vista de [[Blimea]]]]
 
Durante a [[guerra da Independencia española]] de comezos do [[século XIX]], as tropas francesas queiman e destrúen a casa da familia García Bernaldo, como represalia á morte dun dos seus soldados. Pouco despois tras o pronunciamiento de [[Rafael de Rega|Rego]] en [[1820]], ao amparo das disposicións relativas a Municipios contidas na [[Constitución de Cádiz|Constitución de Cádiz de 1812]], os pobos de San Martín piden e obteñen do goberno da Nación a súa independencia do concello de [[Langreo]], pasando a constituírse en Concello. Con todo, a reacción absolutista de 1823 o reintegra de novo ao municipio ao que secularmente había estado unido ata que, grazas ao apoio das tropas [[liberais]] á raíña [[Isabel II de España|Isabel II]], establécese como concello independente, con capital na localidade de [[Sotrondio]], San Martín del Rey Aurelio. Aínda que a zona de Mieres e Langreo foi centro de partidas carlistas, a zona de San Martín mantívose relativamente limpa das mesmas.