Ría de Bilbao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Eliminouse a referencia ó ficheiro "Granbilbao.jpg" que foi borrado en Commons por Polarlys. Motivo: Copyright violation, see commons:Commons:Licensing
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
 
[[Ficheiro:Bilbao satelite.png|thumbminiatura|250px|Vista satelital da ría.]]
[[Ficheiro:Vistageneralriadebilbao.JPG|thumbminiatura|250px|Ría de Bilbao.]]
A '''ría de Bilbao''' (tamén coñecida como '''ría do Nervión''' ou '''do Ibaizabal''') é a desembocadura que forma o sistema dos ríos [[Río Nervión|Nervión]] e [[Río Ibaizabal|Ibaizabal]], así como os seus últimos afluentes, na súa chegada ao [[mar Cantábrico]], no [[golfo de Biscaia]]. Atravesa [[Bilbao]], dividindo a cidade en dúas: á dereita, a Zona vella (ou Sete Rúas) e, á esquerda, o Ensanche.
 
Liña 34:
A historia da agora capital [[Biscaia|biscaíña]] e a ría atópanse fortemente ligadas: [[Bilbao]] naceu onde a ría comezaba a ser navegable e existía unha ponte que a cruzaba. Os primeiros indicios de poboación rexistráronse no ano [[1075]], cun grupo de pescadores que se reunían ao redor da pequena igrexa no territorio de [[Santurtzi]]. Desde ese momento, comezou un desenvolvemento vertixinoso de actividades comerciais marítimas ao longo da [[Idade Media]], incluída a fundación da vila de Bilbao no [[1300]] e a de [[Portugalete]] en [[1322]]. Nos séculos seguintes, o [[porto de Bilbao|porto]] consolidouse como o máis importante centro comercial do [[Señorío de Biscaia]], dirixindo as súas actividades primeiro co resto do continente [[Europa|europeo]], e máis tarde coas colonias americanas.
 
[[Ficheiro:Ataque al Puente de Luchana.jpg|esquerda|thumbminiatura|[[Batalla de Luchana]] durante a [[Primeira Guerra Carlista]], entre os concellos de [[Bilbao]] e [[Erandio]].]]
No [[século XIX]] Bilbao viuse completamente saturada de poboadores e sen superficie cara a onde expandirse. Decidiuse entón iniciar o ''Ensanche'' da vila sobre a beira esquerda da ría, engadindo ao municipio a veciña anteigrexa de [[Abando]]. Isto foi unha realidade en [[1872]], baixo a supervisión do [[arquitecto]] [[Severino Achúcarro]] e os enxeñeiros Pablo de Alzola e Ernesto de Hoffmeyer. O desenvolvemento da industria mineira nos próximos montes de Miribilla e de Triano favoreceu a industria [[metalurxia|metalúrxica]] que se instalou na ría, o que significou un poderoso enriquecemento para a rexión.
 
Liña 44:
 
== As marxes ==
[[Ficheiro:Abandoibarra.jpg|thumbminiatura|200px|esquerda|Paseo de Uribitarte ([[Bilbao]]).]]
Outrora as marxes esquerda e dereita do curso inferior da ría, nos arredores de Bilbao, eran opostas en canto ás súas características sociais: a dereita era residencial e a esquerda, industrial e obreira. En Bilbao, a diferenza reside en que mentres a marxe dereita conserva o seu valor histórico, a esquerda, completamente renovada, converteuse no centro económico da cidade, co seu epicentro na [[Gran Vía de Bilbao|Gran Vía de Don Diego López de Haro]] e a Praza Moyúa. Ambas as beiras experimentaron un desenvolvemento urbano impresionante, con interesantes lugares destinados ao goce de locais e visitantes.
 
=== Marxe dereita ===
[[Ficheiro:Calatravabilbao.jpg|thumbminiatura|200px|Zubizuri.]]
No termo de Bilbao pódense observar a torre da Catedral de Santiago e a igrexa de San Antón eríxese a metros das augas. Máis adiante atópase o Mercado da Ribera, o Teatro [[Arriaga]], o Concello e o paseo do Campo de Volantín. O edificio da [[Universidade de Deusto]] levántase sobre a Avenida das Universidades.
 
Liña 61:
 
Máis ao norte atópanse os municipios de [[Barakaldo]], [[Sestao]] e [[Portugalete]] e, na desembocadura, [[Santurtzi]] e [[Zierbena]].
[[Ficheiro:Guggenheim panoramic.jpg|thumbminiatura|centre|850px|Panorámica da marxe esquerda, co [[Museo Guggenheim Bilbao|Museo Guggenheim]] no centro.]]
 
== Inundacións ==