Rudolf Steiner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 25:
== Traxectoria==
=== Infancia e educación ===
[[Ficheiro:Rudolf Steiner als Abiturient.jpg|thumbminiatura|135px]]
O pai de Steiner, Johann, deixou un posto de cazador ao servizo do Conde Hoyos en Geras para casar con Franziska Blie (o Conde non dera o seu consentimento); Johann fíxose operador de telégrafo do Ferrocarril do Sur de Austria, e cando naceu Rudolf, estaba destinado en Murakirály, na rexión de Muraköz; que despois formou parte do [[Imperio austrohúngaro]] (actualmente é [[Donji Kraljevec]], rexión de [[Međimurje]], extremo norte de [[Croacia]]). Nos dous primeiros anos da vida de Rudolf, a familia mudouse dúas veces, primeiro a [[Mödling]], cerca de [[Viena]], e despois (polo ascenso de seu pai a xefe de estación) a Pottschach, situado nas abas dos Alpes do leste austríaco, na actual [[Burgenland]].<ref name=ref_duplicada_3 />
 
Liña 36:
 
=== Escritor e filósofo ===
[[Ficheiro:Steiner Berlin 1900 big.jpg|thumbminiatura|upright|Rudolf Steiner 1900]]
En 1888, como resultado do seu traballo para a edición Kurschner das obras de [[Goethe]], Steiner foi invitado para traballar como editor nos arquivos de Goethe en [[Weimar]]. Steiner permaneceu no arquivo até 1896. Ademais das introduccions e os comentarios a catro volumes de escritos científicos de Goethe, Steiner escribiu dous libros sobre a filosofía de Goethe: ''Teoría do coñecemento baseada na concepción do mundo de Goethe'' (1886) e ''Goethe e a súa visión do mundo'' (1897). Durante este tempo tamén colaborou en edicions completas da obra de [[Arthur Schopenhauer]] e a do escritor [[Jean Paul]], e escribiu artigos para diversas revistas.
Así mesmo escribiu a que considerou a súa obra filosófica máis importante: ''Die Philosophie der Freiheit'' ([[A filosofía da liberdade]], 1894), unha exploración de [[epistemoloxía]] e [[ética]] que propuña un camiño polo cal os seres humanos poden converterse en seres libres espiritualmente (véxase máis abaixo).
Liña 50:
 
=== Steiner e a Sociedade Teosófica ===
[[Ficheiro:Marie Steiner.jpg|upright|thumbminiatura|Marie Steiner 1903]]
En 1899 Steiner publicou un artigo no seu ''Magazin für Literatur'', titulado «A revelación secreta de Goethe», sobre a natureza esotérica do [[conto de fadas]] de Goethe «A serpe verde e a branca azucena». Este artigo motivou unha invitación por parte do Conde e a Condesa Brockdorff, para falar nunha reunión de [[Teosofía|Teósofos]] sobre Nietzsche. Steiner continuou falandolles regularmente aos membros da [[Sociedade Teosófica]], converténdose en Secretario Xeral da súa recén formada sección alemá en 1902, sen unirse nunca formalmente á sociedade.<ref name=ref_duplicada_5 />
Dentro desta sociedade, Steiner coñeceu a Marie von Sievers, con quen traballou, e quen se converteu na súa segunda esposa en 1914.
Liña 80:
 
=== Investigación espiritual ===
[[Ficheiro:Rudolf Steiner Grabmal Dornach.jpg|thumbminiatura|280px|Tumba de Rudolf Steiner]]
 
Desde a súa decisión de publicar o seu traballo en 1899 até a súa morte en 1925, Steiner artellou unha corrente continua de experiencias que afirmou seren do mundo espiritual —experiencias que dixo que o conmoveron desde moi novo [13]. Steiner intentou aplicar a súa formación en matemáticas, ciencia e filosofía, para producir presentacions rigorosas e verificábeis desas experiencias.<ref>Lindenberg: ''Schritte auf dem Weg zur Erweiterung der Erkenntnis'', pp.&nbsp;77ff</ref>
Liña 109:
 
=== Coñecemento e liberdade ===
[[Ficheiro:Rudolf Steiner School E79 jeh.JPG|thumbminiatura|Rudolf Steiner School, New York City]]
Steiner enfocou as cuestions filosóficas do coñecemento e liberdade en duas etapas. A primeira foi a súa disertación, publicada de maneira expandida en 1892 como ''Verdade e ciencia''. Aquí, Steiner suxire que hai unha incoherencia entre a filosofía de [[Kant]], que postulou que a verdade esencial do mundo era inaccesíbel á conciencia humana, e a ciencia moderna, que asume que todas as influencias poden encontrarse no que Steiner chamou o mundo ''sinnlichen und geistlichen'' (sensorio e mental/espiritual), ao que temos acceso. Steiner chamoulle á ''Jenseits-Philosophie'' (filosofía dun alén inaccesíbel) de Kant un obstáculo para alcanzar un punto de vista filosófico satisfactorio.<ref>Anthony Storr, Feet of Clay, Free Press-Simon and Schuster, 1996. Storr cita a Steiner p72, «Mais, se miramos a suma de todas as percepcions como unha parte e a contrastamos cunha segunda parte (concretamente as cousas-en si), enton estamos filosofando no ceo. Estamos meramente xogando con conceptos».</ref>
 
Liña 168:
 
=== Arquitectura e artes plásticas ===
[[Ficheiro:First Goetheanum.jpg|thumbminiatura|right|235px|O primeiro Goetheanum.]]
Steiner deseñou 17 edificios, incluíndo os dous Goetheanum. Estes dous edificios, construídos en [[Dornach]] (Suíza), foron concibidos para albergar unha Universidade de Ciencia Espiritual. Tres dos edificios de Steiner (incluíndo os dous edificios do Goetheanum), incluíronse entre as obras máis significativas da arquitectura moderna.<ref>P. Goulet: «Les Temps Modernes?» (pp. 8-17), en ''L’Architecture D’Aujourd’hui'', dic. 1982.</ref>
 
Liña 203:
 
== Steiner e o cristianismo ==
[[Ficheiro:Schweizergarten- Rudolf Steiner monument 2007-04.jpg|thumbminiatura|280px|Monumento Rudolf Steiner]]
En 1899, Steiner experimentou o que describiu como un encontro persoal con [[Xesucristo|Cristo]], suceso que o transformou internamente. Previamente tivo pouca relación con calquera forma de cristianismo. Entón e despois, as suas relacions co cristianismo permaneceron totalmente fundadas na experiencia persoal, e por tanto sen denominación e sorprendentemente distintas ás formas relixiosas convencionais.<ref name=ref_duplicada_4 />