Diferenzas entre revisións de «Recife»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m (r2.7.3) (Bot: Engado: lv:Resifi)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
'''Recife''' é a capital do estado de [[Pernambuco]] e está situada no litoral [[Brasil|brasileiro]]. Tiña una poboación de 1.422.905 habitantes segundo o censo de 2000.
 
[[Ficheiro:Recife-Boa-Viagem.jpg|thumbminiatura|255px|esquerda|Predios do Centro da cidade do Recife.]]
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Cidade mauricia.jpg|thumbminiatura|esquerda|255px|Vista de Maurícia (Recife), baixo o dominio holandés. Imaxe baseada en deseño de Franz Post, de 1645.]]
Recife foi fundada polos [[Portugal|portugueses]] en [[1537]] e ocupada polos [[Países Baixos - Nederland|holandeses]] en [[1630]]. Naquela época, Portugal, e así tamén o [[Brasil]], estaban baixo o dominio de [[España]], da cal Holanda era inimiga. Despois da restauración da coroa portuguesa, os holandeses permaneceran no Recife, e só foron expulsos totalmente no [[1654]]. No período holandés, Recife coñeceu alguna tolerancia relixiosa (pois os holandeses, de relixión protestante, tiñan que convivir cos portugueses [[catolicismo|católicos]], e precisaban da axuda dos comerciantes portugueses, moitos deles [[xudaísmo|xudeus]]). Desta época data a primeira sinagoga das Américas, situada hoxe no barrio do Recife Antigo.
 
 
== Economía ==
[[Ficheiro:Recife 2005 JAN 25 AncientAndModernCenter.jpg|thumbminiatura|450px|center|Vista de Recife, co seu barrio antigo (á esquerda) e a parte moderna.]]
 
As súas actividades económicas principais son o seu diversificado [[comercio]] e os servizos (incluíndose actividades ligadas ó lecer, adminstración pública e [[turismo]]). O seu antigo [[Porto (comunicacións)|porto]] hoxe é pouco usado, sendo máis importante economicamente o porto de Suape, situado a 40 km ao sur. Hai algunhas [[industria]]s no territorio do municipio, pero a maioría das fábricas sitúanse en cidades veciñas.
 
[[Ficheiro:Recife 2005 JAN 25 AncientCenter small.JPG|thumbminiatura|right|Rúa de Recife Antigo.]]
Lugares salientables son a [[praia]] de Boa Viagem, o barrio do Recife Antigo e as súas construcións, as súas igrexas e fortes antigos (como o Forte Cinco Pontas e a Fortaleza do Brum) e a feira de Artesanato na ''Casa de Cultura'' (onde antes funcionaba un presidio, dende o que se pode mirar, na outra marxe do río Capibaribe, a ''Rúa da Aurora'' e as súas casas antigas. Próxima do Recife está a cidade de [[Olinda, Brasil|Olinda]], cuxa parte antiga é considerada Patrimonio Cultural da Humanidade pola [[UNESCO]].
 
[[Ficheiro:Carnival Recife Brazil.JPG|thumbminiatura|esquerda|200px|Carnaval no Recife.]]
Non se pode tamén esquecer o seu [[Carnaval]], que non ten no [[samba]] a súa música, pero si o ''[[frevo]]'', un ritmo rexional de Pernambuco.
 
 
== Cultura ==
[[Ficheiro:Panorama instituto ricardo brennand.jpg|thumbminiatura|esquerda|300px|[[Instituto Ricardo Brennand]].]]
 
O Recife é berce de escritores, poetas, músicos e varios artistas de moitas formas de expresión. [[Manuel Bandeira]], [[João Cabral de Melo Neto]] e [[Carlos Pena Filho]] son nomes da poesía do Brasil que retrataron o Recife nas súas obras. Alén da poesía, no municipio naceron nomes como [[Nélson Rodrigues]] e [[Gilberto Freyre]] na literatura, [[Lenine]], [[Antônio Nóbrega]], [[Robertinho do Recife]] e [[Reginaldo Rossi]] na música, [[Francisco Brennand]], [[Vicente do Rego Monteiro]] e [[Lauro Villares]] nas artes plásticas, entre outros.
 
[[Ficheiro:Esculturas Brennand.jpg|thumbminiatura|right|Parque das Esculturas de [[Francisco Brennand]]]]
 
O municipio posúe varios museos, centros culturais e institucións que promoven as creacións artísticas e culturais tales como a centenaria [[Academia Pernambucana de Letras]], [[Academia de Artes e Letras de Pernambuco]] e o [[Instituto Ricardo Brennand]], un dos máis importantes museos do Brasil que abriga unha importante colección de gravadas e outras obras de arte do [[século XVII]] sobre o [[Brasil]].
As manifestacións culturais máis relevantes de Pernambuco ocorren na capital, resaltando o [[Movimento de Escritores Independentes de Pernambuco]] que na década de 1980 reuniu grande número de poetas. O [[Abril Pro Rock]], onde naceu o movemento [[Manguebit]], revelador nacional de bandas como [[Nação Zumbi]] e [[Mundo Livre S/A]].
 
[[Ficheiro:L'ensemble Melonious 002.jpg|thumbminiatura|esquerda|Interior do [[Teatro de Santa Isabel]].]]
 
O [[frevo]] naceu no municipio hai máis de cen anos e durante o [[Carnaval do Recife]] é o ritmo musical máis común con bloques como o [[Galo da Madrugada]].
 
=== Deportes ===
[[Ficheiro:Estádio do Arruda em Recife.jpg|thumbminiatura|[[Estadio do Arruda]] no Recife.]]
O deporte máis popular do lugar é o [[fútbol]]. O [[Campeonato Pernambucano de Futebol]] dispútase desde [[1915]], tendo como campión sempre un equipo da capital. Os principais equipos son o [[Sport Club do Recife]], o que máis títulos ten (38), o [[Clube Náutico Capibaribe]], o que máis veces consecutivas gañou (hexacampión), e o [[Santa Cruz Futebol Clube]]. O municipio foi a única subsede nordestina na [[Copa do Mundo de 1950]], e será unha das sedes da [[Copa do Mundo FIFA de 2014|Copa do Mundo de 2014]] <ref>http://www.copa2014.org.br/cidades-sedes/RECIFE/</ref>.
 
103.099

edicións