Ramiro II de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 33:
* A zona entre os ríos Miño e Mondego, no norte do actual [[Portugal]], para Ramiro, tamén con título rexio.
 
[[Ficheiro:Galicia891.png|thumbminiatura|esquerda|300px|Mapa político do Noroeste da [[Península Ibérica]] a finais do século IX.]]Vermudo Ordóñez e Diego Fernández morreron pouco antes do [[928]], pero xa desde [[926]] o infante Ramiro facíase cargo da provincia, cuxa fronteira sur avanzaba constantemente, ata chegar á vista do [[río Texo]] desde os seus centros principais de [[ Viseu, Portugal |Viseu]] e [[Coimbra]]. Este territorio do norte do actual [[Portugal]], con título de reino foi adxudicado ao novo Ramiro ao finalizar a contenda sucesoria entre os Froilaz e os Ordóñez. O infante, que debía de contar por estes días os 25 anos e estaba xa casado con [[Adosinda Guterrez]], filla do conde [[Gutier Osoriz]] e [[Ildoncia Menendez]].
 
[[Afonso IV de León|Afonso]], o futuro "monxe", coroouse solemnemente en León o [[12 de febreiro]] de [[926]], e once días despois Ramiro, o seu irmán, achábase xa en [[ Viseu, Portugal|Viseu]], capital do seu pequeno reino, onde quixo dar o primeiro testemuño da súa realeza e o primeiro recoñecemento público da súa débeda de gratitude e afecto aos seus ''pais nutricios'', Diego Fernández e Onega, agora representados pola súa filla [[Muniadona Díaz]] e Hermenexildo González, esposo desta, a quen doou a vila de [[Creximiri]], solemnizando o acto coa presenza e subscrición de dezaseis personaxes que deberon ser o selecto grupo do seu séquito oficial.
Liña 50:
 
== Campañas militares ==
[[Ficheiro:Reconquista4.jpg|thumbminiatura|right|220px|Miniatura medieval das Cantigas de Afonso X o Sabio, nela aprécianse exércitos de relixión musulmá e cristiá.]]
A comezos do verán do ano [[933]], o propio Califa, presentábase co seu exército fronte a [[San Esteban de Gormaz]] ou Castromoros, do que Ramiro tivo noticia por correos que lle enviou [[Fernán González]]. Cando o soubo, segundo o cronista [[Sampiro]], ''o rei puxo en movemento o seu exército e saíu contra eles nun lugar chamado Osma, e invocando o nome do Señor, mandou ordenar as súas hostes e dispuxo que todos os homes se preparásen para o combate. O Señor deulle gran vitoria, pois matando a boa parte deles e facendo moitos miles de prisioneiros trouxo-olos consigo e regresou á súa cidade con sinalado triunfo''.
 
Liña 62:
 
== A grande ofensiva cordobesa ==
[[Ficheiro:Cordoba mihrab.jpg|thumbnailminiatura|esquerda|Aspecto actual do Mihrab, construído inicialmente por Abderramán I e embelecido polos posteriores emires e califas cordobeses.]]
Logo da perda da estratéxica Zaragoza, é fácil comprender a irada reacción do envanecido Abderramán III, tantas veces humillado e castigado por un rei tan hostil como escaso en recursos. Tras cercar e conquistar Calataiud, Abderramán conquistou un tras outro todos os castelos da zona. Ao chegar ás portas de Zaragoza, Abu Yahya capitulou, acción que o califa aproveitou para empregalo nunha ofensiva contra Navarra que concluíu na capitulación da raíña Toda, que se declarou vasala do califa.