Rainer Maria Rilke: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: gd:Rainer Maria Rilke
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Rilke, 1900.jpg|thumbminiatura|dereita|200px|Rilke en [[1900]].]]
 
'''Rainer Maria Rilke''', nado en [[Praga - Praha|Praga]] (daquela do [[Imperio Austrohúngaro]]) o [[4 de decembro]] de [[1875]] e finado en [[Val-Mont]] ([[Suíza]]) o [[29 de decembro]] de [[1926]], foi un escritor en [[lingua alemá]] e [[lingua francesa|francesa]], especialmente recoñecido pola súa poesía.
Liña 10:
En [[1894]] publicou o seu primeiro libro de poemas, ''Leben und Lieder'', moi influenciado pola poesía de [[Heinrich Heine]]. En 1895 publicou ''Larenopfer'' e en 1896 ''Traumgekrönt''.
 
[[Ficheiro:Salome1914.jpg|thumbminiatura|riht|130px|[[Lou Andreas-Salomé]].]]
En 1897 coñeceu en Munich a [[Lou Andreas-Salomé]] (1861-1937), antiga coñecida de [[Friedrich Nietzsche]], casada e catorce anos maior ca el, coa que mantivo unha relación até [[1899]], e seguiu sendo a súa principal confidente até a súa morte. A través dela, que foi alumna de [[Sigmund Freud]] en [[1912]] e [[1913]], Rilke coñeceu a [[psicanálise]].
 
Liña 17:
En outono de 1900 Rilke mudouse á colonia de artistas de [[Worpswede]], preto de [[Bremen]], e alí coñeceu á pintora [[Paula Modersohn-Becker]] e á escultora [[Clara Westhoff]] (1878-1954), coa que casou na primavera seguinte. En decembro de [[1901]] naceu a súa filla Ruth. No verán de 1902 transladouse a [[París]] coa intención de escribir un ensaio sobre o escultor [[Auguste Rodin]] (1840-1917).
 
[[Ficheiro:Requiem (Rainer Maria Rilke) 02.jpg||thumbminiatura|riht|130px|''Réquiem'' de Rilke.]]
Malia que nun principio non se adaptou á vida en París, o encontro con artistas e intelectuais resultoulle moi estimulante. Quedou entusiasmado coa escultura de [[Auguste Rodin]] e a pintura de [[Paul Cézanne]] (1839-1906). Nesta época coñeceu tamén ao pintor español [[Ignacio Zuloaga]]. Nos anos seguintes París foi a residencia principal do escritor, que seguiu viaxando por Italia, [[Dinamarca]], [[Suecia]], [[Países Baixos]], [[Bélxica]] e [[Francia]], así como por varias cidades de [[Alemaña]] e o [[Imperio austrohúngaro]], hospedándose sempre en casas de amigos. Entre [[1905]] e [[1906]] foi secretario de Auguste Rodin.
 
As obras máis importantes do período parisino foron ''Neue Gedichte'' (1907), ''Der neuen Gedichte anderer Teil'' (1908), ''Réquiem'' (1909) e a novela ''Die Aufzeichnungen des Malte Laurids Brigge'', comezada en [[1904]] e completada en xaneiro de [[1910]]. Esta última obra consiste nunha serie de confesións espirituais escritas por un dinamarqués exiliado en París, cunha carga forte autobiográfica.
 
[[Ficheiro:Duino1.jpg|thumbminiatura|riht|230px|Castelo de Duino.]]
Trala publicación desta obra, tivo unha prolongada crise creativa. En 1912 comezou ''Duineser Elegien'', que rematou en febreiro de [[1922]]. Este libro de poemas debe o seu nome á estancia de Rilke entre outubro de [[1911]] e maio de 1912 no [[castelo de Duino]] (preto de [[Trieste]]), propiedade da súa amiga e protectora a condesa [[Marie von Thurn und Taxis]]. Nesta época comezou a tradución dos sonetos de [[Louise Labé]] e continuou traballando con lentitude na súa obra poética.
 
Liña 31:
A comezos de [[1916]] foi chamado a filas, e viuse obrigado a incorporarse ao exército [[Imperio austrohúngaro|austrohúngaro]] en [[Viena]]. Amigos influentes intercederon por el e o 9 de xuño dese mesmo ano foi dispensado do servizo militar. Regresou a Munich, onde permaneceu até o final do conflito, cunha breve estancia en [[Bieren]] ([[Westfalia]]) en casa de Hertha König. A traumática experiencia do servizo militar, que lle lembrou a época de formación na Escola Militar de Sankt Pölten, estivo a piques de acabar coa súa carreira como poeta.
 
[[Ficheiro:GrabRilke.JPG|thumbminiatura|right|200px|Tumba de ''Rilke'' no camposanto de [[Raron]] ([[Suíza]]).]]
O [[11 de xuño]] de [[1919]] Rilke viaxou desde Munich a Suíza. En principio tiña unha invitación para dar unha conferencia en [[Zurich]], pero aproveitou para quedar, escapando do caos da posguerra e continuar traballando nas ''Duineser Elegien''. Resultoulle difícil encontrar un lugar adecuado onde instalarse, e residiu sucesivamente en varias localidades, como [[Soglio]], [[Locarno]] e [[Berg am Irchel]]. No verán de [[1921]] fixou a súa residencia permanente no [[castelo de Muzot]], preto de [[Sierre]], en [[Valais]]. En maio de [[1922]] o seu protector [[Werner Reinhart]] ([[1884]]-[[1951]]), comprou o edificio para evitarlle o pago do aluguer.