Radiación de Cerenkov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:TrigaReactorCore.jpeg|thumbminiatura|Radiación de Cerenkov no núcleo dun reactor [[TRIGA]].]]
[[Ficheiro:Cherenkov Wavefront.svg|thumbminiatura|Fronte de ondas da radiación de Cerenkov.]]
A '''radiación de Cerenkov''' (tamén escrito '''Cherenkov''', aínda que se debería transliterar '''Čerenkov''') é unha radiación de tipo electromagnético producida polo paso de partículas por un medio a velocidades superiores ás da luz no devandito medio. A [[velocidade da luz]] depende do medio (e da frecuencia) e acada o seu valor máximo no baleiro. O valor da velocidade da luz no baleiro non pode superarse pero si nun medio no que esta é forzosamente inferior ([[índice de refracción]] n>1). A radiación recibe o seu nome do físico [[Pavel Alekseyevich Cerenkov]] quen foi o primeiro en caracterizala e explicar a súa produción. Cerenkov recibiu o [[Premio Nobel de Física]] en [[1958]] polos seus descubrimentos relacionados con esta reacción.
 
A radiación Cerenkov é un tipo de [[onda de choque]] que produce o brilo azulado característico dos reactores nucleares. Este é un fenómeno similar ao da xeración dunha onda de choque cando se supera a [[velocidade do son]]. Nese caso as [[fronte de onda|frontes de onda]] esféricos supérpóñense e forman un só con forma [[cono (xeometría)|cónica]]. Debido a que a luz tamén é unha [[onda (física)|onda]], neste caso [[onda electromagnética|electromagnética]], pode producir os mesmos efectos se a súa velocidade é superada. E isto, como xa se dixo, só pode ocorrer cando as partículas nun medio distinto do baleiro viaxan a velocidades superiores á dos [[fotón]]s no devandito medio.
 
[[Ficheiro:cherenkov.svg|thumbminiatura|250 px|Xeometría da radiación Cerenkov radiation, no caso ideal de non existir dispersión.]]
 
A radiación Cerenkov só se produce se a partícula que atravesa o medio ten carga eléctrica, como por exemplo, un protón. Para que se produza radiación Cerenkov o medio debe ser un [[dieléctrico]]. É dicir; debe estar formado por átomos ou moléculas capaces de verse afectados por un campo eléctrico. Polo tanto, un protón viaxando a través dun medio feito de neutróns, por exemplo, non emitiría radiación Cerenkov.