Pío VII, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Jacques-Louis David 018.jpg|thumbminiatura|esquerda|200px|Pío VII]]
O seu nome de nacemento era '''Barnaba Chiaramonti''', ó que engadiu o de '''Gregorio''' cando profesou como monxe. Era fillo do conde [[Scipione Chiaramonti]] e da súa esposa, a condesa [[Giovanna Coronata Ghini]], filla do marqués [[Barnaba Eufrasio Ghini]].
 
Liña 12:
Á morte de Pío VI en 1799, a situación de Roma non permitiu que se reunise naquela cidade o conclave que debía designar ó seu sucesor. Congregáronse os cardeais en [[Venecia]]. O cardeal [[Frantisek de Paola Hrzán z Harras]], do título de ''San Girolamo degli Schiavoni'' e camarlengo, presentou o veto do emperador [[Francisco II]] contra [[Carlo Bellisomi]], cardeal do título de ''Santa Maria della Pace'' e arcebispo-bispo de [[Cesena]], e contra [[Hyacinthe Sigismond Gerdil]], cardeal do título de ''Santa Cecilia'' e prefecto da Congregación de ''Propaganda Fide'', pero iso non parece que afectara á formación dunha maioría. Chiaramonti foi elixido o 14 de marzo de 1800, e unha semana despois e na mesma [[Venecia]] foi coroado polo cardeal [[Antonio Maria Doria Pamphilij]], protodiácono de ''Santa Maria ad Martyres''.
 
[[Ficheiro:Jacques-Louis David 015.jpg|thumbminiatura|250px|Pío VII]]
 
Uns meses antes de que resultar elixido, en novembro de 1799, [[Napoleón Bonaparte]] fixérase coa maxistratura de primeiro cónsul de [[Francia]] tras derrocar ó [[directorio]] mediante un golpe de estado. As futuras relacións entre os [[Estados Pontificios]] e Francia quedaban desde entón en mans destes dous homes.
Liña 18:
O novo papa non albergaba unha preconcibida indisposición cara a Napoleón, nin se mostraba belixerante contra a orde política que o réxime francés pretendía instaurar nos países da súa órbita. Cando era só bispo de Imola e o exército francés penetrou nos estados do norte de [[Italia]] e Napoleón creou con eles a [[República Cisalpina]], Chiaramonti aconsellou non resistir ó poderoso invasor e predicou o sometemento ós recentes señores. A súa famosa homilía do día de Nadal de 1797 é clara neste sentido: o futuro papa fai nela profesión de fe nos enunciados democráticos do novo goberno e mantén que unha constitución desta tendencia política non está en contradición cos principios da igrexa cristiá. Tampouco Napoleón seguiu as tendencias anticlericais das primeiras fases da revolución. No seu pragmatismo político tivo ben presente que as crenzas relixiosas estaban moi enraizadas no pobo francés e que era proveitoso para os seus designios manter unha amistosa relación cos poderes eclesiásticos, en especial co papa de Roma.
 
[[Ficheiro:Thomas Lawrence - Pope Pius VII.jpg|thumbminiatura|250px|esquerda|Pío VII en 1819, con 77 anos. O seu pontificado foi de moito sufrimento. Está considerado un pontífice santo. O seu amor por María Santísima Auxiliadora e pola Santa Eucaristía fixérono ser forte nas adversidades e no desterro]]
 
Cabía, pois, esperar un entendemento entre ámbalas dúas xerarquías. Produciuse, en efecto, e quedou plasmado no [[Concordato]] que Francia e a Santa Sé firmaron en 1801. O papa regresara a Roma e volvera a ocupar o seu trono nela. De alí partiu en 1804 cara a [[París]] para oficiar a coroación como emperador de Napoleón I; o pontífice limitouse a unxilo, pois foi o propio Napoleón quen se coroou a si mesmo, seguramente recordando e non querendo que se repetisen as circunstancias en que foi investido emperador [[Carlomagno]] mil anos antes. As aspiracións do novo emperador eran demasiado ambiciosas como para supeditalas a unha boa harmonía co príncipe da igrexa, polo que a aparente avinza entre eles feneceu tan pronto como a ríxida postura papal supuxo un estorbo na estratexia imperial de Bonaparte. Foi, dun lado, a negativa de Pío VII en 1806 a sumarse ó bloqueo contra [[Inglaterra]] que Napoleón quería impor ás nacións continentais e, doutro, a resistencia do papa ante a permanente tentativa do emperador de controlar a igrexa francesa, o que provocou a violenta reacción deste. En 1809 apoderouse dos Estados Pontificios, que incorporou co imperio francés e retivo a Pío VII como prisioneiro en [[Savona]]. Máis tarde levouno deportado a Francia, onde quedou reducido a cativerio en [[Fontainebleau]].