Psique (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Canova Le Baiser.jpg|thumbminiatura|200px|''Psique revivida polo bico do Amor'' de [[Antonio Canova]] (1793)]]
 
'''Psique''', na [[mitoloxía grega]], é a personificación da [[alma]], representada na forma dunha [[bolboreta]] ou como unha [[rapaza]] con [[á]]s. O mito desenvolveuno [[Apuleio]] nas ''metamorfoses'' ou ''[[O asno de ouro]]''.
Liña 6:
O [[mito]] afirma que un famoso rei tiña tres fermosas fillas da que Psique era de lonxe a máis bela, a gloria da súa beleza difundírase por toda a terra e comitos chegaban á cidade onde vivía Psique para apreciar a súa fermosura ata o punto de esquecer celebrar sacrificios por [[Venus]] e arruinarse os seus [[templo]]s. Venus como vinganza decidiu castigar a Psique, chamou a seu fillo [[Cupido]] amosoulle a súa beleza e suplicoulle que vingase a súa fermosura insolente facendo que quedara posuída polo amor abrasador do último dos homes.
 
[[Ficheiro:Psycheabduct.jpg|thumbminiatura|''A elevación de Psique'' de [[William Bouguereau]]]]
Entrementres, Psique sentíase moi desafortunada, porque todos admiraban a súa beleza pero ninguén se presentaba como pretendente para casar. Seu pai acudiu ao Oráculo do deus de [[Mileto]] sospeitando dunha maldición, [[Apolo]] respondeulle que Psique, levando roupas fúnebres debía ser levada a unha rocha dun monte alto para ser recollida por un monstro cruel e fero. Os infelices pais cumpren a vontade do [[oráculo]] e acompañados dun gran cortexo deixan a Psique na rocha, de súpeto un golpe de vento levouna a un val na pendente da rocha, onde había un marabilloso palacio habitado por [[espírito]]s invisibles. Psique obtén do seu marido invisible a promesa de ver as súas irmás coa condición de non se interesar pola súa aparencia. Pero as irmás mostran envexa da [[felicidade]] e das riquezas de Psique e entón suxírenlle á irmá que xa está empreñada dun deus que colla unha lámpada para ver o rostro do seu marido que elas teiman en dicir que é unha serpe velenosa á que lle debe cortar a cabeza. Psique alumea o rostro do seu marido durmido e ve o máis adorable e doce de todos os rostros, o de Cupido, este ao espertar e ver a súa fe totalmente traizoada saíu voando sen dicir unha soa palabra pero non puido impedir que Psique apreixara a súa perna dereita voando por un momento con el, tras caer Cupido cóntalle que desobedecera á súa nai para facela a súa esposa, castigando a Psique pola súa falta de [[confianza]] coa súa marcha. Psique láiase tristemente da súa sorte, o deus [[Pan]] trata de consolala.