Psicanálise: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 9:
Na psicanálise clásica, a materia fundamental da psicanálise son os patróns inconscientes da vida conforme son revelados a través das asociacións libres do analizando. A meta última é axudar a liberalo das barreiras de [[resistencia]] ou [[transferencia]], inconscientes ou non examinadas. Para isto o analista rastrexa os patróns de relacións que deixaron de funcionar ou inhiben a liberdade do paciente.
 
[[Ficheiro:Freud Sofa.JPG|thumbminiatura|275px|right|O diván de Sigmund Freud, conservado no Freud Museum de Londres.]]
 
O método básico é a [[asociación libre]]. O paciente ou analizando, nun ambiente relaxado, nun sofá ou nun diván, é invitado a falar sobre o que queira. Os desexos, os soños, as lembranzas da infancia, as fantasías son especialmente interesantes para o analista que mantén unha actitude de neutralidade empática, escoitando e intervindo cando o coida conveniente, para reconsiderar unha parte do discurso do paciente, para comentar ou volver sobre algo do xa dito.