Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
[[Ficheiro:Alan Bean opuszcza pojazd LM. GPN-2000-001317.jpg|thumbminiatura|400px|right|Apollo 12. Alan Bean no módulo luar.]]
 
O '''proxecto Apollo''' foi un programa de exploración espacial levado a cabo pola [[NASA]] entre febreiro de [[1966]] e decembro de [[1972]]. Constou de 17 misións, 11 delas tripuladas, que ocuparon 2.719 horas e 29 minutos. Este programa custou máis de 25,4 miles de millóns de dólares.
 
==Características técnicas==
[[Ficheiro:LuaApolos.JPG|300-px|thumbminiatura|right|Lugares de aluaxe das misións Apollo.]]
 
As naves espaciais Apollo estaban formadas por tres seccións: un módulo de mando onde estaban as provisións e o aloxamento dos tres astronautas, un módulo de servizo onde estaba o motor principal da nave, que xeraba a enerxía eléctrica necesaria e controlaba o sistema de soporte vital da tripulación, e o módulo lunar co que os astronautas viaxaron á Lúa. Non tiña ningún tipo de asento, só o espazo xusto para que coubesen dous astronautas de pé. Unha vez na Lúa saían a explora-la superficie. No voo de regreso á Terra, o módulo de servizo era abandonado e os astronautas regresaban no módulo de mando. Nas derradeiras misións do Apollo xa se incluíu outra parte máis experimental do programa, os vehículos lunares. O vehículo lunar, tamén chamado "rover", era un coche pregable con tracción ás catro rodas e alimentado por baterías. Tiña unha velocidade máxima de 14 km/h e ía equipado con cámaras para grava-las misións, antenas e bolsas para recolle-las mostras de solo. Chegou á Lúa fixado ó exterior do módulo lunar.
 
===Apollo 5. Saturn 1B. AS-204===
[[Ficheiro:Apollo 5 on pad.jpg|thumbminiatura|right|250px|Apollo V.]]
O Apollo 5 lanzouse dende a torre 37-B de Cabo Cañaveral ás 17:48:08 do luns [[22 de xaneiro]] de [[1968]]. Foi unha misión non tripulada, a primeira proba do Módulo Luar do Apollo nunha órbita terrestre, realizando 4 órbitas. Non se puido recupera-la cápsula de mandos.
 
===Apollo 17. Saturn V. AS-512===
{{AP|Apollo 17}}
[[Ficheiro:RoverLua.JPG|thumbminiatura|right|O Moon Rover e a Challenger, na misión Apollo XVII.]]
 
A última misión do programa luar despegou ás 12:33 do xoves 7 de decembro de 1972 dende a torre 39 do Centro Espacial Kennedy. 11 minutos e 53 segundos despois da ignición entraba en órbita terrestre. Despois de dar dúas revolucións, as 08:45:37 do tempo universal o Apollo 17 foi inserido en curso transluar. Durante a viaxe, de 13 días de duración participaron o veterano astronauta Cernan (piloto naval, que xa voara na Geminis 9 e no Apollo 10, última persoa en deixar pegada na Lúa, na chaira de Taurus-Littrow, 20º 10' N e 30º 46' E), o xeólogo Harrison H. Schmitt (adestrado coma piloto da forza aérea especialmente para ir á Lúa como piloto do módulo luar, único científico que estivo alí), e Ronald B. Evans. Os dous primeiros pasaron 75 horas na Lúa (récord de permanencia) e recorreron 35 km no Moon Rover, explorando a zona do val do Taurus- Littrow, un canón situado xunto ó mar da Serenidade, mentres Ronald B. Evans permanecía en órbita no módulo de mando América arredor do satélite con cinco ratos para estudios.
103.029

edicións