Primeira guerra púnica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: it:Prima guerra romano-punica
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Battaglie dal satellite 1a punica.png|thumbminiatura|300px|Principais batallas da Primeira Guerra Púnica.]]
 
A '''Primeira Guerra Púnica''' foi un conflito trabado entre [[-264]] e [[-241]] que opuxo [[Cartago]] á [[República Romana|República de Roma]], as maiores potencias da rexión do [[Mediterráneo]] da época. Foi a primeira de tres guerras entre os dous pobos, todas vencidas polos romanos. As baixas e consecuencias económicas do enfrontamento foron moi altas para ambas as partes.
Liña 7:
A mediados do [[século -III]], Roma era xa unha forza [[militar]] que dominaba toda a [[península itálica]], mediante guerra ou por alianzas con outras cidades, coma as cidades da [[Magna Grecia]], colonias gregas na península italiana, sendo [[Taranto]] a máis importante, que se renderon a Roma tralo fracaso da guerra ca que [[Pirro]], rei de [[Épiro]], acudiu en axuda das cidades de influencia grega.
 
[[Ficheiro:CarthageMap.png|thumbminiatura|350px|Cartago antes da Primeira Guerra Púnica.]]
 
[[Cartago]] era unha potencia comercial e marítima no Mediterráneo, con portos no norte de [[África]], [[Península Ibérica]] e [[Sicilia]]. A cidade púnica e [[Siracusa]] tiñan unha rivalidade histórica pola proximidade e pola pretensión de ambas de dominar Sicilia.
Liña 27:
A pesar de estaren cercados por dous fortes inimigos, os romanos comandados polo [[cónsul]] [[Apio Claudio]] atacaron e venceron primeiro as tropas de Siracusa, e logo as de Cartago, forzándoas a abandonaren e fuxiren en desorde. Co éxito e a ida de novas tropas baixo mando do novo cónsul [[Manio Valerio Mesala]] os romanos atacaron e cercaron Siracusa, forzando a Hierón a cambiar de perfil no conflito, aliándose Roma contra Cartago en [[-263]].
 
[[Ficheiro:Agrigento Roma Cartagine.png|thumbminiatura|Agrixento, Roma e Cartago.]]
 
Coa situación desfavorábel, Cartago pasou a utilizar exércitos [[mercenario]]s e concentrou a súa forza na cidade de [[Agrixento|Agrigentum]], principal cidade de Sicilia so o seu dominio. En [[-262]] Roma comezou un gran e lento cerco á cidade. [[Aníbal Grisco]], o comandante das tropas cercadas, pediu reforzos e mantementos a Cartago e Hannón foi enviado con tropas e elefantes para axudalo. Hannón conseguiu significativas vitorias atacando as liñas de auxilios do exército romano, pero debido á situación e fame e desercións nas tropas de Grisco que continuaban cercadas, Hannón tivo que partir para unha batalla contra as tropas principais de Roma. A [[batalla de Agrigentum]] terminou con vitoria dos romanos, a pesar de que Grisco conseguiu fuxir coa maior parte das súas tropas, abandonando a cidade aos inimigos.
Liña 39:
A [[Batalla de Lípari|primeira batalla naval]] foi trabada próxima ás [[Illas Eolias|illas Lípari]] e rematou coa derrota das inexpertas forzas romanas. Pouco despois nunha batalla maior ([[Batalla de Mylae]]) os romanos acadaron a súa primeira vitoria naval, baixo o mando do cónsul [[Gaio Duilio]], que pasou a ser considerado coma un heroe en Roma. Esa e as demais vitorias romanas na fase inicial da guerra débense en gran parte a un novo dispositivo que pasou a equipar os barcos romanos: o [[Corvus (arma)|corvus]]. O corvus era unha especie de ponte que os romanos prendían nos barcos inimigos ao achegárense, e así tomaban o barco, utilizando a súa superioridade no combate home a home. Con esa táctica Roma acabou co dominio marítimo de Cartago, vencendo nas batallas de [[Batalla de Sulci|Sulci]] ([[-258]]) e [[Batalla de Tyndaris|Tyndaris]] ([[-257]]).
 
[[Ficheiro:Battaglia di Capo Ecnomo.gif|thumbminiatura|300px|Batalla de Ecnomo.]]
 
En [[-256]] unha gran forza con preto de 330 barcos foi montada so o mando dos cónsules [[Marco Atilio Régulo]] e [[Lucio Manlio Vulso]] para invadir o Norte de [[África]]. Cartago, consciente desta ameaza, enviou a súa frota para impedir o ataque. Os xenerais Hannón e [[Hamílcar]] (coñecidos polas súas accións en Agrigentum e Paropus) foron postos ao mando da frota de Cartago. Cando esas dúas forzas se enfrontaron ao sueste de Sicilia na [[batalla de Ecnomo]], a maior batalla naval da antigüidade, a frota romana saíu vitoriosa, puidendo seguir para atacaren os territorios de Cartago na África.
Liña 75:
=== A nova frota de Roma ===
 
[[Ficheiro:Young Folks' History of Rome illus154.png|thumbminiatura|esquerda|300px|Navío romano.]]
 
Debido á dificultade enfrontada na guerra en terra contra Amílcar, Roma volveu a construír unha frota, pretendendo acabar coa chegada de auxilios por mar ás tropas de Cartago na Sicilia.
Liña 124:
== Cronoloxía ==
 
[[Ficheiro:1a Punica.gif|thumbminiatura|300px|Principais batallas da Primeira Guerra Púnica.]]
 
* '''[[-264]]''' – Os mamertinos piden axuda Roma e Cartago para soportaren os ataques de [[Hierón II de Siracusa]]. Ambas as cidades responden ao pedido.